Busca

Amosando 193 - 212 de 212 resultados da busca.

Punto desde o que poder observar o Sistema fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000. Destaca a presenza das brañas, tanto na beira de Valga como na de Dodro. O topónimo A Telleira fai referencia á Telleira de Vilarello, hoxe desaparecida, que se emprazaba neste lugar.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Panorámicas

Un afloramento rochoso no Monte dos Penoucos, que se atopa a uns 250 metros de altura sobre o nivel do mar, permite unha panorámica completa dos vales dos ríos Valga, Louro e Ulla.


Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas

Fonte construída con perpiaños de granito, rematada por enriba en pequena cornixa saínte biselada. Leva un cano central que verte sobre unha pía de pedra a ras do chan e con desaugadoiro. As pezas que a configuran teñen un relevo que conforma unha liña a modo de enmarque redondeado, que leva a cada lado unha figura en relevo, representando algún motivo floral ou vexetal.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”, fai a…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de auga sulfurosa que nace nunha braña ao carón do río Ulla. Está sen traballar, saíndo a auga de forma natural.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta fonte: “Nas brañas de Bexo, en Anguieiro (Anquieiro na fala nosa) está A Fonte Mineral ou A Fonte do Mineral, nunhas campías preto do río. Pedro Gómez de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva sobre armazón de madeira.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta cadrada a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas que son de cantaría, coa parte máis alta próxima ao curso do río, lucida con morteiro de cemento. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas que son de cantaría. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas, con rematado de tella curva.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal de cantaría coroado con pezas molduradas perimetralmente e acabado circular. Ten dous canos metálicos que verten as súas augas a unha pía encastada no solo.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, con moldurado perimetral e muros de contención nos lados a base de cachotaría. Pía prismática e un só cano.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, cun só cano e pía elevada sobre columna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal prismático e remate en semicírculo, cun só cano e pía encastada. Presenta un pequeno banco nun dos laterais.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte na cabeceira dun hórreo, cun só cano de pedra e acceso mediante dous chanzos. Perimetralmente está protexida por unha varanda tubular


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga con remate de tella camba.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cantaría e cuberta a unha soa auga, con remate de tella camba.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Pexegueiro, antigo lavadoiro da aldea.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede a través duns chanzos de pedra. Esta atópase integrada por un paramento vertical executado en cantaría e rematado de forma circular na súa parte superior, rebaixado na súa fronte, cun só cano, e unha pía onde cae a auga. Perimetralmente, polo sur, muro de contención.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular e estrutura a partir de muros de cadeirado e cuberta a unha soa auga, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga