Busca

Amosando 1 - 24 de 111 resultados da busca.

As Torres de Lestrobre son unha construción do século XVII, formada a base da reconstrución dunhas torres medievais defensivas que vixiaban a ría de Arousa, e a anexión dun corredor entre elas. Ten estrutura de planta en L, composta por un corpo central de dúas alturas, flanqueado inicialmente por unha torre, a da á sur, que posteriormente se completou coa da á norte.

É precisamente nesta última onde se atopa o escudo brasonado dos Bolaño. Na parte posterior…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

O Pazo do Marqués de Bendaña estaba cinguido por un bosque de piñeiros e carballos. Atribúeselle a creación a Marcos Fandiño. Destacaba a torre, de planta rectangular que o presidía, sobre o patio de honra das casas que o rodeaban. Era unha valiosa mostra do barroco galego, en concreto compostelán. Tiña unha balconada que corría ao longo da fachada á altura do primeiro andar. Posuía gárgolas nas catro esquinas e un escudo historiado baixo o beiril.

O brasón estaba…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

O fidalgo Antonio Ballesteros del Mazo e María Cardama ergueron o Pazo de Tarrío en 1567 na propia aldea e fundaron vínculo e morgado con bens que posuían en Santiago e en San Xián de Laíño. Estaban lonxanamente emparentados cos primeiros Castro, a familia de Rosalía, propietarios do Pazo da Arretén en Padrón. Os Ballesteros procedían do lugar de El Mazo, no val…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das máis poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros. Enriba da porta pódense observar dúas troneiras de defensa.

Trátase dunha construción de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Edificio situado nunha parcela elevada con respecto á rúa, o que se solucionou coa construción dunha plataforma elevada. Todo o recinto está pechado por un muro de cantaría que o rodea. O acceso principal é unha escalinata de pedra que lle dá unha certa monumentalidade ao conxunto.

Trátase dun edificio dun só andar, de forma rectangular, e construído en cachotaría regular. Ten cuberta de tella a dúas augas que xera un baixocuberta. Nas fachadas apenas conta con…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Finca coñecida como O Cadaví ou Cadavid, na que se localizan dúas edificacións principais, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón.

Mandada construír por José Pérez Artime,…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Edificación de planta rectangular con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cachotaría de granito, agás os marcos de portas e xanelas que son de cadeirado de granito. A carpintaría é de madeira, e a cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Destaca na parte posterior que dá á igrexa, un pasadizo elevado que permite o acceso dunha construción á outra


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Construción de planta rectangular e estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado irregular con carpintaría de madeira. Cuberta a catro augas, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira, adornado cunha cheminea na súa vertente norte. O conxunto compleméntase cunha serie de anexos na súa fachada leste, así como un pombal e un hórreo na horta.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Construción de planta en L, con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado, con escaleiras de acceso no seu lado menor e balconada de cadeirado. Cuberta a dúas augas con remate de tella curva sobre armazón de madeira. Acaroada a unha das súas fachadas, anexos de pedra que xunto á Capela de San Xosé, crean unha praza no centro.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

O Pazo de Lestrobe, O Palacio, foi a residencia de recreo dos prelados composteláns. A idea foi do arcebispo Bartolomé Raxoi e Losada que era home de grandes empresas. Ordenou levantar o Seminario de Confesores que leva o seu nome na Praza do Obradoiro, e pouco antes de morrer tiña en mentes facer un gran canal desde Padrón para levar o mar a Compostela.

Despois da revolta irmandiña, o…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.

As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Construción de planta rectangular quebrada, que segue un eixo de norte a sur, con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado. Destaca unha grande balconada executada integramente en pedra na súa fachada sur. A cuberta é a catro augas, con rematado sobre armazón de madeira.

Na casa de enfronte, na súa fachada leste, atópase un escudo que nos permite imaxinar que o conxunto era máis amplo


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Edificación que alberga a Casa do Concello de Dodro, construída no 1906 e restaurada na década dos 90 do século XX.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e anexos situados no centro do lugar de Somoza, xunto a un cruce de camiños presidido pola Cruz do Rei. Finca de grandes dimensións con muro de peche de cachotaría de granito, e acceso desde a rúa principal mediante un portón alintelado de madeira, coroado por unha imaxe en pedra dunha virxe. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas augas de tella e muros de cachotaría de granito con remates en cantaría. Fachada…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Conxunto de dúas vivendas situadas sobre a beira do rego da Grenla, que separa os lugares de Brión e A Pedreira. Están situadas na mesma parcela, dispostas moi próximas entre si, unha con fachada á rúa e a outra sobre o regato. Tipoloxía similar, de planta cadrada e dous andares, resoltas con muros de cachotaría e cuberta a dúas augas de tella. Ocos rectangulares con carpintería enrasada de madeira e accesos en planta baixa dende o interior da parcela. Destaca o corredor…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Antiga casa-escola construída no ano 1903 e situada ao norte do núcleo, xunto á pista deportiva. Actualmente alberga a Sociedade Cultural Manuel Vicente Vidal.

Manuel Vicente Vidal, natural da parroquia de Santa María de Leiro, emigrou a…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Vivenda situada no interior dunha finca de grandes dimensións ao norte do lugar de Abuín. Muro de peche perimetral de cachotaría de pedra con portón alintelado situado nun extremo, sobre o cruce de acceso ao núcleo. Conta tamén con accesos desde a estrada DP-3301 e desde un camiño situado ao sur. Edificación principal en mal estado de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría e remates en cantaría, con cuberta a dúas augas. Hai un souto de…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Vivenda e edificación auxiliar situadas ao norte do lugar de Abuín, dando fronte á estrada DP-3301. Edificación principal de planta cadrada e dous andares resolta con muros de cantaría de granito e cuberta a catro augas de tella. Composición simétrica das fachadas compostas por seis ocos rectangulares, exceptuando a fachada oeste, que ten acaroada unha edificación auxiliar dun só andar e cuberta a dúas augas de tella. A planta baixa da fachada principal, onde se localiza…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares dispostas linearmente a ambos lados da estrada principal do lugar. Destacan os muros de peche das fincas, de grandes dimensións, realizados en cachotaría de pedra con portóns alintelados de acceso. Conxunto parcialmente rehabilitado. Volumes de planta rectangular de dous andares nas vivendas e de planta baixa nos anexos, resoltos con muros de cachotaría e cantaría vistas e cuberta a dúas augas de tella. Fachadas de…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e edificacións auxiliares situado no centro do lugar de Sestelo, con acceso principal desde a praza, onde se localiza o Cruceiro da Praza. Vivenda de planta rectangular e dous andares resolta con muros de cantaría de granito e cuberta a dúas augas de tella. Composición das fachadas simétrica con ventás balconeiras no segundo andar e acceso en planta baixa…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Edificación situada no centro do lugar de Sestelo, con acceso á parcela fronte ao Cruceiro da Praza. Muro de cachotaría de peche da finca con acceso principal desde a praza, con cuberta de tella a dúas augas e reloxo de sol de cantaría nun extremo. Construción principal dedicada a…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Edificación dedicada a centro sociocomunitario, no lugar de Sestelo, que desde 1996 leva o nome do crego e poeta antifranquista Faustino Rey Romero. Trátase dun volume de planta rectangular e dous andares, con cuberta a dúas augas de tella. Está resolta con muros de cachotaría de pedra vista no primeiro andar e cerramento de ladrillo enfuscado e pintado no segundo. Ocos rectangulares…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de varios volumes situado nun extremo do lugar de Sestelo. Edificacións auxiliares fronte á rúa, agrupadas en torno á vivenda configurando un patio interior pechado por un muro perpendicular á fachada principal. Vivenda de planta rectangular e dous andares, resolta en cachotaría de granito con cuberta a dúas augas de fibrocemento. Solaina na fachada principal, con varanda de pedra e escaleira exterior de acceso ao segundo andar.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

A casa reitoral de Asadelos data dos séculos XVIII-XIX e está situada no interior dunha finca de grandes dimensións que rodea á Igrexa de Santa María de Asados. Construción de dous andares e planta en L resolta con muros de cachotaría e remates en cantaría, e cuberta a dúas…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil