Busca

Amosando 145 - 168 de 246 resultados da busca.

Situado na chamada Eira da Malla de Reboiras, no límite occidental da mesma.

Fermoso exemplar de hórreo mixto de gran tamaño, que ten a particularidade de presentar unha especie de lacenas na repisa para gardar o mel. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito de aproximadamente 1,50 metros de altura. Dá a impresión de que a…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na finca traseira da vivenda á que pertence, o nº 1 do núcleo, á entrada da aldea.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, de 1 metro de altura aproximadamente. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas tamén con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillos e con mallas metálicas,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, cuberta de vexetación. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e inferior. O tornarratos é…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado nunha parcela pechada con arames e malla metálica, e dedicado a galiñeiro, ao pé dunha pista asfaltada. Pertence á casa identificada co nº 27 de Rial.

A cimentación é unha repisa de perpiaños e cachotes de granito, encintados en parte con cemento, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas, estando os dous últimos gabinetes…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado nunha pequena leira situada fronte á casa á que pertence, e correspondente co solar número 25, á entrada do núcleo. Ao pé da pista asfaltada que leva ao interior do núcleo.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, na rúa Sua Lata, ao pé dunha pista asfaltada, sobre o muro de peche da propiedade.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito que serve de muro de peche da propiedade. Os soportes son tres cepas de pedra de perpiaños, coa pedra superior en horizontal. Os gabinetes están abertos. Tornarratos corrido ao…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no lugar coñecido como Eira da Pía.

A cimentación é unha plataforma alta de cachotes de granito que salva o desnivel existente neste punto. Os soportes son catro cepas ou potros de perpiaños. Os gabinetes están abertos, empregado algún para gardar leña. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca privada pechada, onde actualmente non vive ninguén.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, duns 2 metros de altura, cuberta de vexetación. Os soportes son tres cepas de pedra, con tornarratos de pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra, e…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Na finca traseira dunha vivenda privada, correspondente ao solar nº 17.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, dun 1,40 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con madeira no lateral oeste e ladrillo no lateral leste. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado enriba dun muro de peche dunha finca, fronte a casa á que pertence, o solar número 10, ao pé dunha pista asfaltada. Ao lado, a escasos metros, hai unha fonte de pedra, antigo lavadoiro da aldea, que aínda bota auga.

A cimentación é unha repisa…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Na finca que se estende detrás da casa á que pertence, correspondente co solar número 9 do núcleo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, pechados con ladrillo, con porta de madeira pintada de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na zona coñecido como A Eiriña.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, e de gran tamaño. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito alta, duns 3 metros de altura máxima (localízase nunha costa). Baixo o claro sur a repisa é de perpiaño de granito. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente sobre a repisa. O tornarratos é unha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca pechada dunha vivenda particular (nº 27).

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaustres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca pechada privada, na entrada do núcleo.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo e malla metálica. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo. Non…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca pechada privada, na entrada do núcleo.

Cimentado sobre un muro alto de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo, cunha porta de madeira enmarcada por dúas columnas de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Moi próximo a unha vivenda.

Bonito exemplar de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito con restos de recebado de cemento, duns 20 centímetros de alto. Os soportes son dúas cepas de pedra. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo, con restos de recebado. Ten un só claro (fáltalle o claro sur…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Localízase entre dúas fincas privadas pechadas, moi preto da zona do Outeiro.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito alta, encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Non ten soportes. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo, asentando directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado ao sur da Eira da Malla de Reboiras, nunha pequena leira ao lado da casa á que pertence.

Non ten repisa, as dúas cepas do norte asentan sobre pedras rectangulares a modo de cimentación e a cepa sur asenta directamente sobre a rocha natural. Os soportes son tres cepas de pedra, amalgamadas con argamasa e o que parecen anacos de cunchas. O…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 10 da AC-305.

Segundo exemplar de hórreo de Vigo con reloxo de sol. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Dos soportes apenas conserva a cepa norte, o resto das cepas están refeitas con cemento e ladrillo. Os gabinetes…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No interior do patio traseiro dunha vivenda particular.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito de aproximadamente 1 metro de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con madeira. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nun extremo dunha finca privada, a escasos metros doutro hórreo.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 1,25 metros de altura e que actúa como muro de peche da finca. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nun extremo dunha finca privada.

Fermoso exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura, servindo de peche da finca. Os soportes son cinco cepas de pedra. Os dous gabinetes máis austrais están pechados con madeira, con porta de madeira no lateral oeste. O gabinete…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado no patio traseiro da casa dos propietarios, no núcleo de Vigo.

Cimentado sobre unha repisa ou pedestal de cachotaría de granito de aproximadamente 1 metro de alto, encintada con argamasa de arxila amarela e con pequenas pedras nos intersticios. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. O tornarratos é unha peza…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar chamado Quinteiro de Baixo.

Hórreo modificado, pero antigamente de pedra e madeira. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños, cun patiño acaroado no lateral norte. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, correspondéndolle a cada un unha porta de chapa metálica no lateral norte, e con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos