Busca

Amosando 193 - 216 de 298 resultados da busca.

Nunha finca pechada dunha vivenda particular (nº 27).

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaustres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra. Penal da fronte de pedra con…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca pechada privada, na entrada do núcleo.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo e malla metálica. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo. Non…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca pechada privada, na entrada do núcleo.

Cimentado sobre un muro alto de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo, cunha porta de madeira enmarcada por dúas columnas de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Moi próximo a unha vivenda.

Bonito exemplar de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito con restos de recebado de cemento, duns 20 centímetros de alto. Os soportes son dúas cepas de pedra. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo, con restos de recebado. Ten un só claro (fáltalle o claro sur…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Localízase entre dúas fincas privadas pechadas, moi preto da zona do Outeiro.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito alta, encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Non ten soportes. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo, asentando directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado ao sur da Eira da Malla de Reboiras, nunha pequena leira ao lado da casa á que pertence.

Non ten repisa, as dúas cepas do norte asentan sobre pedras rectangulares a modo de cimentación e a cepa sur asenta directamente sobre a rocha natural. Os soportes son tres cepas de pedra, amalgamadas con argamasa e o que parecen anacos de cunchas. O…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence, a casa nº 10 da AC-305.

Segundo exemplar de hórreo de Vigo con reloxo de sol. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Dos soportes apenas conserva a cepa norte, o resto das cepas están refeitas con cemento e ladrillo. Os gabinetes…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No interior do patio traseiro dunha vivenda particular.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito de aproximadamente 1 metro de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con madeira. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nun extremo dunha finca privada, a escasos metros doutro hórreo.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 1,25 metros de altura e que actúa como muro de peche da finca. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nun extremo dunha finca privada.

Fermoso exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. Cimentado sobre unha repisa alta de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura, servindo de peche da finca. Os soportes son cinco cepas de pedra. Os dous gabinetes máis austrais están pechados con madeira, con porta de madeira no lateral oeste. O gabinete…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado no patio traseiro da casa dos propietarios, no núcleo de Vigo.

Cimentado sobre unha repisa ou pedestal de cachotaría de granito de aproximadamente 1 metro de alto, encintada con argamasa de arxila amarela e con pequenas pedras nos intersticios. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. O tornarratos é unha peza…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar chamado Quinteiro de Baixo.

Hórreo modificado, pero antigamente de pedra e madeira. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños, cun patiño acaroado no lateral norte. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, correspondéndolle a cada un unha porta de chapa metálica no lateral norte, e con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar chamado Quinteiro de Baixo, pertencente á casa nº 115.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, cunhas esqueiras de pedra de acceso ao hórreo na fronte, con cinco grades. Os soportes son catro cepas de pedra, molduradas en forma de semicírculo na parte superior. Os gabinetes están pechados con madeira no lateral…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No medio da aldea, ao pé do camiño que vai do Quinteiro de Baixo ao Quinteiro do Medio.

Un dos poucos exemplares de hórreo conservados e construídos no medio da aldea e facendo muro de peche da horta. A súa estrutura pétrea é formidable. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito, recebada con cemento e cal na parte superior,…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar chamado Eira Vella, no centro do núcleo, nun alto.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta para salvar o desnivel existente, estando actualmente cuberta na súa maior parte de vexetación. Os soportes son cinco cepas de pedra con moldura semicircular na parte superior. O gabinete do sur está pechado con ladrillo e cemento…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta do seu propietario, xunto a vivenda familiar, nas aforas do núcleo.

A cimentación é unha repisa de perpiaños e cachotes de granito, encintada con cemento e cun espazo no seu interior para uso doméstico. Os soportes son tres cepas de perpiaño, encintadas tamén con cemento, e cunha pedra horizontal na parte superior. O tornarratos é unha peza…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta da Casa de Aguirre, de gran extensión, onde hai un segundo hórreo e dous pombais, ademais dunhas dependencias en ruínas.

Formidable exemplar de hórreo, de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na horta da Casa de Aguirre, de gran extensión, onde hai un segundo hórreo e dous pombais, ademais dunhas dependencias en ruínas.

A cimentación é unha repisa alta…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Ao pé dunha pista asfaltada, pista que leva á Eiriña.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, alta, duns 2,50 metros de altura. Aínda sobre esta repisa as cepas asentan sobre unha pedra rectangular cada unha. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con argamasa. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no medio da aldea, ao pé dunha pista asfaltada, servindo de muro de peche dunha propiedade.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito. Acaroado ao lado leste, ten un pequeno e rudimentario cuberto feito cunha gran lousa e sobre pés de pedra. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

No lugar coñecido como a Eira de Abaixo, no ángulo SE do núcleo. Ao pé da estrada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto que presenta a particularidade de ter dous arcos de medio punto na repisa. A cimentación é unha repisa de gran altura de perpiaño na parte superior e de cachotes de granito no resto, para salvar o importante desnivel existente. Ten a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na entrada de Castro polo sur, vindo desde Imo, ao pé da estrada.

Fermoso e antigo exemplar de hórreo mixto, coñecido polo nome de hórreo da Casavella. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento. Os soportes son seis cepas de pedra con molduras na parte superior. Os dous gabinetes do norte están pechados con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca onde hai unha viña, de aí o nome, na zona de Castro coñecida como Bouza do Portal.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerable tamaño. A cimentación é unha repisa de perpiaños de granito, encintados nalgún punto con cemento. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na repisa. Tornarratos corrido ao longo de todo…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Situado na finca da Casa da Bexa, na parte alta da aldea.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece tratarse dun hórreo de pedra, sobre repisa de cachotaría de lousas de pedra granítica, de tres claros e cos balaústres de granito horizontal.

Sería, segundo a…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos