Busca

Amosando 1 - 24 de 26 resultados da busca.

Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do río Ulla desde Caldebarcos.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

A visión desde o Alto de Bexo posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Na veigas de Bexo, punto desde o que poder observar o Sistema Fluvial Ulla-Deza, incluído na Rede Natura 2000.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A visión desde o Monte Treito posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A 301 metros de altura, a visión desde o Monte Carboeiro posibilita unhas vistas panorámicas do val fluvial do río Ulla e dos montes da contorna.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

A 149 metros de altura, a visión desde o Miradoiro de Lestrobe posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, o Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas

A visión desde o Alto da Paxareira posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, O Baixo Ulla, así coma dos montes da contorna.


Dodro - Santa María de Dodro | Panorámicas

Parece que é do século XVII, aínda que non se sabe con seguridade xa que non hai constancia da existencia de actas fundacionais nos libros do arquivo parroquial. Algún estudoso local, como Avelino Abuín de Tembra, aventura a idea de que ben puidera ter sido un cenobio monacal do século XVII, ao redor do cal nacería…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa

A igrexa parroquial de San Xoan Bautista de Laíño, no lugar de Padronelo, é produto da escisión da parroquia de San Xián de Laíño. Comezouse a construír en 1754 por canteiros de Cimadevila (Boiro), probablemente baixo a supervisión de Simón Rodríguez e Francisco Núñez.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa

Capela de planta rectangular ao carón do Pazo do Marqués de Bendaña, con muros de cantaría labrada e cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Presenta na súa fachada norte dúas portas de acceso.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa

A actual igrexa data do ano 1738, aínda que xa existía un templo a principios do século XVII (1606), segundo Jerónimo del Hoyo. Este primitivo edificio foi mandado derrubar e reedificar en 1718 polo arcebispo de Santiago debido á súa insuficiencia, reedificación que foi proxectada, en 1719, polo senlleiro arquitecto Simón Rodríguez, un dos mellores da centuria, encargándose da súa fábrica un ano despois…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa

Capela de planta rectangular que ten ao carón da súa parte posterior os anexos da casa reitoral de San Xoán de Laíño, integrando un pequeno patio. A súa fronte é de cantaría con porta de acceso principal de lintel recto, abertura circular por enriba e dous remates en forma de bola na fachada principal. Os muros son de cachotaría e a cuberta a dúas augas can acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Esta vese coroada na súa fronte por unha estrutura de sección…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura relixiosa

A capela adxacente ao Palacio de Lestrobe, dedicada ao Anxo da Garda, conserva no seu interior unha impresionante talla a tamaño natural da Dolorosa, obra do escultor Xosé Ferreiro. Na súa fachada, ten un campanil que supera o aleiro do tellado.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura relixiosa

Esta capela, tamén coñecida como “A Capilla”, é un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 metros de longo e por 4,50 de ancho), en obra de perpiaños e cachotaría, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable desde o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa

A actual igrexa é de boa construción barroca (século XVIII). Ten unha nave de planta rectangular, Presenta un campanario barroco integrado por dous corpos, sendo o primeiro de sección cuadrangular, que aloxa unha campá no seu interior e a segunda de sección octogonal, rematada nunha cúpula. O interior deste templo figura entre os máis belos exemplos de sabia conxunción de arquitectura e…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura relixiosa

O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

O Miradoiro do Piñeiro Manso, a 35 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre a trama urbana de Pontecesures. Debe o seu nome ao piñeiro manso (Pinus pinea) que desde antigo se eleva neste punto, aínda que o exemplar que a día de hoxe ocupa este espazo non é o orixinal. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Chan da Lagoa posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde As Barreiras posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Cima de Lato posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A Igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír polo Bispo Diego Xelmírez, sobre a antiga Capela de San Xulián en 1908. Rematouse de construír o 1 de outubro do ano 1116. Segundo a carta arqueolóxica editada polo Museo de Pontevedra, no ano 1918 foi localizada nesta capela unha ara dedicada a Xúpiter, outra ofrecida aos Lares e outras dúas ilexibles; todas elas permanecen actualmente no Museo de Pontevedra.

San Xulián de Requeixo é un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa