Busca

Amosando 145 - 168 de 325 resultados da busca.

Situado no patio pechado privado da casa á que pertence, o número 60, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa de cachotes de granito, con excepción do gabinete norte, onde é de ladrillo. Os soportes son catro cepas de pedra. O gabinete do medio está pechado con cemento no lateral leste, estando o lateral oeste pechado con malla metálica, sendo…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, ao pé dunha pista.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha, de forma troncopiramidal cos extremos redondeados, a xeito de moldura. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, moi próximo do lavadoiro e ao oeste da casa á que pertence, o nº 65.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, con molduras semicirculares na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada pertencente ao solar nº 8 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Arriba, na zona coñecida como A Rechenla, ao pé dunha pista asfaltada, xunto á casa nº 2 á que pertence.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, a cal salva o desnivel existente, xa que o hórreo localízase nunha costa. Os soportes son catro cepas de pedra, cunha pedra de perpiaño…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Pertence á casa nº 13 do núcleo, ao pé da AC-305, case enfronte da Escola da Emigración de Tallós. Situado no xardín privado da vivenda.

A cimentación é unha repisa baixa de perpiaño de granito, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado entre dous pistas asfaltadas, detrás da Escola da Emigración de Tallós.

Exemplar de madeira. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito que fai as veces de muro delimitador dun camiño, de 1,20 metros de altura. Os soportes son…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca privada, na parte traseira da vivenda á que pertence.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha e cos ángulos redondeados a xeito de moldura. O gabinete do oeste está pechado polo norte con ladrillo e polo sur con restos dunha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na entrada norte á aldea, ao pé da estrada, nun pequeno terreo ao lado da casa dun dos actuais propietarios.

Fermoso exemplar de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito de 1,50 metros de altura aproximadamente, no norte cuberta de vexetación. Presenta unha plataforma de pedra cuadrangular no lateral oeste, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha  propiedade privada pechada, axardinada, na entrada sur da aldea, zona coñecida como a Aldea de Abaixo.

Curioso exemplar de hórreo, xa que está feito todo en pedra (tipo Noia), cando o normal no concello é o de tipo mixto. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito de diferentes alturas para salvar o desnivel existente. Os…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na finca privada da vivenda á que pertence, a casa nº 13 do núcleo, na Aldea de Abaixo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotes de granito, de 1,50 metros de altura aproximadamente. Os soportes son catro cepas de pedra, coa parte superior moldurada. O gabinete oeste está pechado con ladrillo. Ten unhas esqueiras de pedra acaroadas de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na Aldea de Riba, nun alto, no lugar chamado Fondo do Agro.

A cimentación non é visible, xa que está cuberto de vexetación. Os soportes son  catro cepas de pedra, cubertas tamén de hedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, aínda que o claro do medio xa…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no peche dunha finca privada, na parte traseira da casa, detrás do lugar coñecido como A Eira.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, e de gran tamaño. A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de aproximadamente 1,50 metros de altura. Os soportes son seis cepas de pedra, rematadas na parte superior nunha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no peche dun patio privado pechado.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito de 1 metro de altura máxima, aproximadamente. Presenta unhas escaleiras de pedra na fronte, perpendiculares ao hórreo, con tres grades. Os soportes son catro cepas de pedra, de bela moldura na parte superior. Os dous gabinetes…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no punto coñecido como A Eira, ao pé dunha pista asfaltada.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas encintadas con cemento, cos gabinetes pechados con ladrillo. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no lugar chamado Horta do Val, no Souto, nun alto.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito baixa, arranxada nalgún punto con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra con moldura na parte superior. O gabinete do medio está pechado con ladrillo e cemento cunha pequena porta de madeira, para gardar animais. O tornarratos é unha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Na rúa do Medio.

Hórreo mixto con cimentación de repisa de cachotaría de granito, duns 65 centímetros de alto. Os soportes son seis pés en forma de columnas de sección cuadrangular, dispostas de dúas en dúas, de pedra. Tornarratos transversal de pedra sobre cada dous pés. Ten dous claros, balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira ao…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar chamado O Outeiro. Hai outros catro hórreos no Outeiro, mais con ladrillos e cemento.

A súa cimentación é un muro ou repisa alta de cachotaría de granito duns 1,75 metros de alto. Presenta un bloque cuadrangular de granito acaroado á súa cara leste, para apoiar os cestos co millo, á altura da porta lateral. Os soportes son tres cepas de pedra…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No interior do núcleo, nun pequeno patio traseiro da casa á que pertence.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, aínda que encintadas e con partes en cemento. No medio do gabinete máis austral ten outra pedra de granito vertical, rectangular. Este gabinete sur está…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No xardín privado da propiedade á que pertence.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, de 73 centímetros de altura máxima (está nun desnivel). Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha única peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis.…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca próxima á igrexa parroquial.

A cimentación non é visible, e os soportes son tres cepas de pedra. Un dos gabinetes ten un chan de cemento e está pechado con madeiras e malla metálica. O outro gabinete está sen pechar. Os…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Na rúa do Medio.

Bonito exemplar de hórreo mixto. A cimentación é un muro ou repisa de cachotaría de granito duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Os gabinetes están pechados con peches de madeira con dúas cintas, con dúas portas no lado…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No Barrio de Abaixo.

A cimentación consiste nun muro ou repisa de cachotaría actualmente recebada, duns 1,10 metros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No Barrio de Abaixo, nunha finca pechada, fronte a outros dous hórreos.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres  cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis.…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos