Busca

Amosando 1 - 24 de 321 resultados da busca.

Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

No xardín dianteiro dunha casa, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. 

Situado sobre unha grade  de cemento do xardín dianteiro da casa, non sendo este o seu emprazamento orixinal. O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Situado na parte superior dun portalón que da acceso ás vivendas número 16 e 26 do lugar Tallós, ao pé da estrada AC-305.

Exemplar de reloxo de sol construído na cima dun portalón alintelado de pedra, xunto con unha cruz latina florenzada con botón central e…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Emprazado na parte superior da parede sur dunha vivenda, no lugar de Rial da Lagoa.

Exemplar de reloxo de sol localizado na parede dunha construción, neste caso unha vivenda de pedra. Asenta sobre un saínte pétreo ou peaña. O reloxo, feito nun bloque de…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Localizado na portada de entrada a unha finca privada, propiedade, orixinalmente, da Casa da Bexa, na zona alta do lugar de Castro.

Trátase dun dos reloxos de sol máis fermosos do concello e o único exemplar no mesmo de reloxo cúbico. Localízase sobre un dos…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Panorámica desde a estrada que vai de Reboiras a Eiró.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Panorámica do val do Ulla desde os Outeiros de Paredes


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Na parede sur da Igrexa de San Xián de Laíño localízase este reloxo de sol.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Panorámica do val do Ulla desde o lugar de Castro.


Dodro - San Xoán de Laíño | Panorámicas

Situado na entrada sur da aldea, a escasos metros da fonte e lavadoiro de Sar, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.

O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Panorámica do val do río Ulla desde Caldebarcos.


Dodro - San Xián de Laíño | Panorámicas

Situado no patio privada da casa á que pertence, o nº 46 do núcleo, na zona coñecida como O Souto.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, molduradas na parte superior. O gabinete do leste está pechado con ladrillos. O tornarratos é unha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur de Reboiras, ao pé dunha pista asfaltada.

Trátase dun fermoso exemplar de hórreo mixto con decoración nos pinches. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta, aproximadamente duns 3 metros de altura. Os soportes son catro…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha  pequena finca pechada con enreixados e cemento, encaixado entre unha casa e un alpendre de cemento e ladrillo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura aproximadamente, encintado con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha propiedade pechada privada, usado como xardín.

A cimentación non é visible. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre casa cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No límite dunha finca privada pertencente ao solar número 2 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca.  Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado na mesma finca que o Pombal do Outeiriño, pertencente á casa nº 14 do núcleo. Sitúase ao pé da estrada.

Non ten repisa, as cepas asentan sobre cadanseus bloques de pedra. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha finca privada pechada no lugar de Rialiño.

É de planta circular, coas paredes encaladas e coa cubrición cónica.

Unha veciña recorda cando aínda tiña pombas. Terá uns setenta ou oitenta anos.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

No medio da aldea, xunto á casa nº 18.

A cimentación non é visible. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con ladrillo no seu lateral oeste. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, todo…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado no Quinteiro de Abaixo, ao pé dunha pista asfaltada, servindo de muro de peche dunha propiedade nº 8.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, que serve de parte de muro de peche da propiedade á que pertence. Os soportes son tres cepas de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Nunha eira aberta.

Hórreo en estado de ruínas, carecendo de cubrición e de balaústres, cuberto de vexetación. Sería un bonito exemplo de hórreo mixto de tres claros que, segundo unha veciña, era o mellor do lugar. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 2,50 metros de altura…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Nunha finca pechada no núcleo de Dodriño.

A cimentación parece que sería soterrada. Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira (restaurada) e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos