Busca

Amosando 1 - 24 de 56 resultados da busca.

As Torres de Lestrobre son unha construción do século XVII, formada a base da reconstrución dunhas torres medievais defensivas que vixiaban a ría de Arousa, e a anexión dun corredor entre elas. Ten estrutura de planta en L, composta por un corpo central de dúas alturas, flanqueado inicialmente por unha torre, a da á sur, que posteriormente se completou coa da á norte.

É precisamente nesta última onde se atopa o escudo brasonado dos Bolaño. Na parte posterior…

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

O Pazo do Marqués de Bendaña estaba cinguido por un bosque de piñeiros e carballos. Atribúeselle a creación a Marcos Fandiño. Destacaba a torre, de planta rectangular que o presidía, sobre o patio de honra das casas que o rodeaban. Era unha valiosa mostra do barroco galego, en concreto compostelán. Tiña unha balconada que corría ao longo da fachada á altura do primeiro andar. Posuía gárgolas nas catro esquinas e un escudo historiado baixo o beiril.

O brasón estaba…

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

O fidalgo Antonio Ballesteros del Mazo e María Cardama ergueron o Pazo de Tarrío en 1567 na propia aldea e fundaron vínculo e morgado con bens que posuían en Santiago e en San Xián de Laíño. Estaban lonxanamente emparentados cos primeiros Castro, a familia de Rosalía, propietarios do Pazo da Arretén en Padrón. Os Ballesteros procedían do lugar de El Mazo, no val…

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das máis poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros. Enriba da porta pódense observar dúas troneiras de defensa.

Trátase dunha construción de…

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Edificio situado nunha parcela elevada con respecto á rúa, o que se solucionou coa construción dunha plataforma elevada. Todo o recinto está pechado por un muro de cantaría que o rodea. O acceso principal é unha escalinata de pedra que lle dá unha certa monumentalidade ao conxunto.

Trátase dun edificio dun só andar, de forma rectangular, e construído en cachotaría regular. Ten cuberta de tella a dúas augas que xera un baixocuberta. Nas fachadas apenas conta con…

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Finca coñecida como O Cadaví ou Cadavid, na que se localizan dúas edificacións principais, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón.

Mandada construír por José Pérez Artime,…

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Edificación de planta rectangular con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cachotaría de granito, agás os marcos de portas e xanelas que son de cadeirado de granito. A carpintaría é de madeira, e a cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre armazón de madeira. Destaca na parte posterior que dá á igrexa, un pasadizo elevado que permite o acceso dunha construción á outra

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Construción de planta rectangular e estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado irregular con carpintaría de madeira. Cuberta a catro augas, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira, adornado cunha cheminea na súa vertente norte. O conxunto compleméntase cunha serie de anexos na súa fachada leste, así como un pombal e un hórreo na horta.

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Construción de planta en L, con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado, con escaleiras de acceso no seu lado menor e balconada de cadeirado. Cuberta a dúas augas con remate de tella curva sobre armazón de madeira. Acaroada a unha das súas fachadas, anexos de pedra que xunto á Capela de San Xosé, crean unha praza no centro.

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

O Pazo de Lestrobe, O Palacio, foi a residencia de recreo dos prelados composteláns. A idea foi do arcebispo Bartolomé Raxoi e Losada que era home de grandes empresas. Ordenou levantar o Seminario de Confesores que leva o seu nome na Praza do Obradoiro, e pouco antes de morrer tiña en mentes facer un gran canal desde Padrón para levar o mar a Compostela.

Despois da revolta irmandiña, o…

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.

As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como…

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Construción de planta rectangular quebrada, que segue un eixo de norte a sur, con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cadeirado. Destaca unha grande balconada executada integramente en pedra na súa fachada sur. A cuberta é a catro augas, con rematado sobre armazón de madeira.

Na casa de enfronte, na súa fachada leste, atópase un escudo que nos permite imaxinar que o conxunto era máis amplo

Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura civil

Edificación que alberga a Casa do Concello de Dodro, construída no 1906 e restaurada na década dos 90 do século XX.

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares…

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Vivenda cuxa antigüidade está datada a comezos do século XVIII.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación…

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Aquí naceu Eusebio Lorenzo Baleirón o 25 de xaneiro de 1962. Morreu nesta casa o 14 de decembro de 1986. A Asociación de Escritores en Lingua Galega colocou unha placa na fachada como homenaxe ao poeta. A aldea aparece nos seus versos: “Mal coñecín a sombra dos meus pasos,/ lugares nun relanzo onde medrar a hedra/ abeirado da chuva do Tarrío con néboa”. Velaquí os lugares familiares nos que se criou…

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

É a casa dun indiano, O Brañeiro, cunha fermosa fonte ao fondo dunha escaleira de pedra que ten inscrita a data de 1910. Nunha das dependencias gardábase un vello Chevrolet do que aínda quedan os ferros oxidados. No xardín había unha gran gaiola de madeira para os paxaros e medraban buxos, mandarinas, milgrandeiras e camelias.

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Casas de indianos no lugar de Manselle que deu forma á novela "Pensa Nao" de Anxo Angueira. Manselle era denomonida "A Aldea rusa" nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcionaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus habitantes.

O texto que segue a continuación foi extraído do libro “Pensa Nao”, escrito por Anxo…

Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Desta casa saíron ilustres militares, catedráticos, médicos... Tiñan a casa patrucial na rúa da Conga en Compostela, de modo que aquí só pasaban parte do ano. Enfronte está a casa que era a Taberna da Richalda, onde paraban as carrilanas que baixaban desde O Barbanza e amarraban os cabalos.

Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil