Busca

Amosando 1 - 24 de 348 resultados da busca.

Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Pequena fortificación emprazada nun rechán no alto do Monte Pico do Porto. O castelo fai a divisoria entre os municipios de Dodro e Rois. Consiste nunha plataforma duns 24 metros de diámetro, elevada artificialmente sobre o terreo circundante a base de terra e usando, posiblemente, pedras para a contención da terra. A plataforma é circular e presenta unha pequena elevación nos bordes que pode suxerir a existencia dunha muralla ou unha estacada moi destruída na actualidade…


Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía

A mámoa esta moi preto do límite dos concellos de Dodro e Rois, na aldea da Chisca. Ten uns 20 metros de diámetro e 3 ou 4 metros de altura, con cono de violación. Estaría aquí o famoso tesouro do Campo da Chisca, que segundo di a lenda, aparecería cando pasara un rabaño de ovellas, e unha delas cunha pata tocaría nunha pedra e o atoparía.


Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía

Petróglifo descuberto no 2015, formado por círculos concéntricos e con cazoliñas no centro destes, sobre unha rocha nas inmediacións da aldea da Devesa, no lugar de Viachán. Ten certas semellanzas cun labirinto do Petróglifo de Mogor en Marín.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Pedra situada á beira do Camiño Real que une Padrón e Rianxo, descrito polo Pai Sarmiento. Unha vez subidos enriba dela faise mover compasadamente sen moito traballo. Era lugar de xogos, fai moitos anos, para os nenos pequenos, pois ao seu carón hai outras pedras con ocos que se usaban para agocharse e resgardarse da choiva. Na parte superior ten cazoletas, posiblemente orixinadas pola auga.…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Túmulo funerario neolítico que conserva restos do dolmen, con tres esteos. Forma parte dunha necrópole de catro túmulos. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Túmulo funerario neolítico que conserva restos do dolmen. Forma parte dunha necrópole de catro túmulos. Ten unha dimensión de 10 metros de diámetro, dos cales, 6 metros corresponden ao cráter de violación, levantando apenas 40 centímetros. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Castro de forma alongada con dúas coroas ao oeste, e outra ao leste, delimitadas por sendas murallas e terrazas intermedias. Intensificáronse tres murallas defensivas e as bases do asentamento.

Trátase dun poboado castrexo da Idade do Ferro e de época romana, sito xunto ao Monte Carboeiro, na aldea de Bexo, a unha altitude máxima de 272 metros. É un dos poboados máis grandes da zona, ocupando máis de 7.000 m2, enlazando con dous outeiros graníticos, localizados no…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Gravado rupestre formado por tres cazoletas: a primeira de 6x8 centímetros e 2 de fondo, a segunda de 7 centímetros e 2,5 de fondo, e a terceira de 7,5x4,5 centímetros de fondo. A rocha mide 3 metros de altura.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Gravado rupestre con forma de ferradura, duns 15 centímetros. O ancho do suco é de 1 centímetros e a súa fondura de 0,5 centímetros.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Gravado rupestres representando un grupo de tres cazoletas. A rocha mide 2,50 metros de norte a sur, e 1,70 de leste a oeste, cunha altura de 1,40 metros. As cazoletas teñen un diámetro de 8 centímetros.


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Gravado rupestre nun batolito granítico de cor branca e forma redondeada, que representa un grupo de cazoletas. Unhas redondas (2) e outras alongadas (7). Rodeando estas cazoletas había outras oito cazoletas circulares máis pequenas. A rocha medía 5,40x2,20 metros.


Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía

Gravado rupestre emprazado na zona do cumio do Monte Carboeiro, formado por dúas cazoletas. Estas teñen 5 e 6 centímetros de diámetro, con 2,5 e 3 centímetros de fondura respectivamente. A rocha que as sostén ten 2,5 metros de longo e 1,30 metros de anchura.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Gravado rupestre emprazado nun afloramento de grandes dimensións polo que pasa un camiño. Está formado por 7 cazoletas moi pouco profundas na zona máis alta e chaira da rocha. O diámetro das cazoletas varía entre 1,50 e 2 centímetros.


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Aséntase na ladeira do Monte San Gregorio orientada ao val do río Ulla. Está a unha altitude de 88 metros, e a uns 200 metros ao noroeste do lugar de Lestrobe.

Obsérvase abundante material cerámico castrexo, manual e sen decoración, así como un fragmento da roda dun muíño. Polo…


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Túmulo megalítico, sen cámara e coiraza de granito, na chaira dunha divisoria. Ten unhas dimensións de 18 metros de norte a sur, 20 metros de diámetro de leste a oeste, e 1,5 metros de altura. O cráter de violación ten 4,50 metros de diámetro e 20 centímetros de fondo. Está situada preto da Mámoa Nº 1 da Mina de Balouta.


Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía

A Gran Pedra Redonda, Castro de Casais ou Pedraredonda, de proporcións colosais e con forma oval, conta a lenda que foi levada para ese sitio por un xigante. Nas inmediacións atopouse unha cabeza de pedra labrada de forma sutil, de cronoloxía indeterminada, e que se conserva no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña do Castelo de San Antón. Ten na súa superficie covas ou cazoletas formadas pola erosión da auga, mais que a tradición atribúe ás pegadas do Apóstolo…


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Trátase dunha lousa dun perímetro aproximadamente circular, cuns 1,90 metros de diámetro. Nela pódense observar 6 coviñas de entre 2 e 3 centímetros de profundidade.

Aínda que a ficha do PXOM de Dodro dábao por desaparecido co seguinte texto: “a súa ficha o daba como completamente alterado, non o localizamos nas coordenadas, DESAPARECIDO” aplicouse un grao 3 de protección nun radio de 200 metros delimitados por pistas forestais.

Debido a unha corta de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Durante a construción dunha vivenda unifamiliar neste lugar, apareceron lascas de seixo, así como cerámica campaniforme e da Idade do Bronce Inicial.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Castro, entre as aldeas de Imo e Castro, que moi probablemente é a orixe do topónimo desta segunda. Apréciase algunha estrutura defensiva na súa parte sur. Na croa ten un círculo de pedras coñecido como "A Coroa da Raíña Moura". Ten unhas dimensións de 100 metros de norte a sur, e 80 metros de leste a oeste.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Túmulo megalítico sen cámara nin restos da coiraza. Ten unhas dimensións de 29 metros de diámetro e 2 metros de altura, cun cráter de violación de 8 metros de diámetro e 1 metro de fondo. Está situada preto da Mámoa Nº 2 da Mina de Balouta.


Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía

Asentamento fortificado que non posúe estruturas visibles, agás na parte sur e oeste, onde se pode ver a estrutura de peche. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica castrexa. O seu estado actual fai que as súas dimensións sexan indeterminadas, mais cun mínimo de 80 metros de diámetro.


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Túmulo megalítico que conserva dous dos esteos da cámara, formando unha necrópole xunto con outros tres. Ten unha altura de 1,20 metros. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Castro de forma alongada, cun lixeiro estrangulamento na coroa, na que se observan dúas elevación de norte a sur. A croa circular está rodeada por unha serie de terrazas, das que se conservan catro. Presenta afloramentos no centro e parapeto formado por grandes pedras, aínda visibles. Posible foxo cara ao norte, hoxe desaparecido, mais conservando algún muro de pedra. Os foxos foron cegados.

En prospeccións realizadas, localizouse cerámica castrexa e tégula…


Dodro - San Xián de Laíño | Arqueoloxía