Busca

Amosando 145 - 168 de 900 resultados da busca.

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría. Pedestal cúbico e labra irregular. Cruz latina de sección cuadrangular no arranque. Rebáixanse as arestas para dar lugar a unha sección xenérica oitavada. Posúe os cabos florenzados e ornamentados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta cadrada de dous chanzos. Pedestal de feitío cúbico, coas arestas superiores biseladas e a cara frontal epigrafiada. O varal e a cruz foron engadidos recentemente, pois os primixenios foron destruídos por unha treboada e perdidos os restos. Trátase dun varal de arranque de sección cuadrangular que se converte en oitavada por rebaixe das arestas. Capitel de volutas e cruz figurada por ambos lados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría co pedestal cúbico. Emprazada dentro dos terreos propiedade da INTAVALSA.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Calvario e vía crucis situado no adro da Igrexa de San Miguel de Valga, fronte á porta principal. A cruz central posúe sección cadrada e destaca polos seus relevos da Paixón e o relevo da man de Caifás. As cruces laterais son de sección octogonal.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, realizado polo propio dono do cruceiro e o seu pai, dedicados á profesión de canteiros. A maioría do cruceiro ten un quince anos, foi realizado aproximadamente entre os anos 2000 e 2003. A figura do Cristo engadiuse con posterioridade, sobre os anos 2011 a 20013.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Situado nunha finca privada pechada, pertencente ao solar nº 5 do núcleo. Nesta mesma finca localízase un pombal.

Cimentado sobre unha repisa de perpiaño de granito de pouca altura, encintada con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, a dianteira coa parte…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Sobre o muro de peche dunha finca privada, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito. Pertence a unha casa de pedra tradicional.

Cimentado sobre o muro de peche da finca, de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra coa metade superior, onde aparecen molduradas, refeitas en cemento. Tornarratos corrido ao longo…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Localizado na Aldea de Abaixo, no lugar coñecido como Eira das Pías.

A cimentación non é visible. O soporte é un celeiro de perpiaños e cachotes de granito, que no extremo norte está reformado con bloques de cemento, e no lateral oeste é visible unha pequeno van rectangular. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten sete claros, con…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Atópase sobre un muro de peche dunha finca privada, ao pé dunha pista asfaltada.

Bonito exemplar de hórreo mixto, de moi boa factura. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca. Mide 1,80 metros de altura máxima (está nunha costa) e 85 centímetros de altura mínima. Os soportes están mal conservado, constando de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No peche dunha finca privada no propio núcleo, ao pé dunha pista asfaltada. Pertence á casa nº 100. Ao Norte deste hórreo, e aliñado con el, levántase a escasos metros outro hórreo.

Fermoso e interesante exemplar de hórreo mixto, único exemplo visto na aldea con decoración insculpida no pinche frontal. Cimentado sobre unha alta repisa de cachotaría de…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

Situado nunha finca  que se estende pola parte traseira da casa reitoral, xunto co pombal, o cal pertencía tamén á reitoral, ao norte da…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No punto coñecido como Eira dos Hórreos, na parte alta da aldea.

Conxunto de 5 hórreos na zona alta do núcleo de Lestrobe. Os cinco hórreos que se conservan nesta eira están, ou ben modificados, ou ben restaurados. Todos están orientados ai NE. Dous destes hórreos foron rehabilitados, mentres que outro está moi modificado con respecto ao seu estado…


Dodro - Santa María de Dodro | Hórreos

No lugar coñecido como A Lavandeira, ao pé da comarcal AC-305.

Conxunto de 11 hórreos que na súa maioría datan do século XVIII. Agrúpanse nas inmediacións da AC-305, no lugar coñecido como A Lavandeira. Son hórreos do chamado tipo Mahía, de planta rectangular con soleiras de cantaría e tornarratos corridos, sobre muros transversais a modo…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Na zona alta da aldea, na zona coñecida como Eira das Cabanas.

Conxunto integrado por seis hórreos de tipo Mahía e Noia, con claros de pedra deixando aberturas horizontais para a ventilación, mixtos de pedra e madeira ou restaurados con ladrillo.

A…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Conxunto de dous hórreos localizados na Aldea de Abaixo, nun pequeno outeiro, no lugar coñecido como A Eira da Malla.

A cimentación do hórreo situado máis ao norte é unha repisa baixa de cachotaría de granito, a cal asenta sobre o rochedo natural do outeiro. Os soportes son seis cepas de pedra de perpiaños, coa pedra superior en horizontal. Os…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada pechada, pertencente á casa chamada Casa das Craveiras, no nº 26.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito encintada con argamasa. Os soportes son cinco cepas de pedra con molduras na parte superior. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No muro de peche dunha propiedade, ao pé dunha pista asfaltada.

Estraña tipoloxía de hórreo mixto, moi ancho e, en vez de ter cepas ou pés presenta un celeiro ou baixo a modo de soporte. A cimentación é o propio muro de peche da finca, de cachotaría de granito. Enriba desta, o soporte, un celeiro, baixo ou casadeira, de perpiaño de granito, o cal…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca privada pechada, correspondente ao xardín traseiro da vivenda á que pertence.

Cimentado sobre unha repisa baixa de lousas de granito encintadas con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes dos extremos pechados con ladrillo e portas de madeira. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Conxunto de hórreo e pombal no interior da horta dos seu propietario, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. 

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, cunhas escadas de pedra con catro grades paralelas á repisa, no lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas con cemento e con restos…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Tamén coñecido como "do Arco" ou "Pontello", está localizado no centro da aldea de Castro.

Magnífico exemplar de hórreo mixto, tanto por tamaño como, sobre todo, por factura. A cimentación é unha espectacular repisa de perpiaño de granito, de gran altura e coa particularidade de presentar no centro un gran arco de medio punto, a xeito de pasadizo,…


Dodro - San Xoán de Laíño | Hórreos

Localizado no patio dunha casa nº 36.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, a cal só é visible no extremo sur, estando o resto tapado por unha plataforma de pedra e cemento que salva o desnivel existente entre o hórreo e a casa. Entre o tramo de repisa que conserva e a plataforma do patio ten unha cimentación de cemento, onde é visible…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no  muro de peche dunha finca privada, ao pé do camiño vello, hoxe bastante abandonado. Na finca traseira dunha vivenda privada.

A cimentación é de perpiaños e cachotes de granito, duns 1,70 metros de altura máxima (situado nunha costa). Os soportes son cinco cepas de pedra, cos gabinetes pechados con ladrillo e cemento, e o segundo tamén…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha finca ao pé dunha pista asfaltada.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerables dimensións. Cimentado nunha repisa de cachotería de granito, duns 60 centímetros de alto no lateral leste, chegando  a ter 1,50 metros de altura no lateral SW, cun importante desnivel. Na parte dianteira ten unha pedra rectangular paralela á cepa para o…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos