Busca

Amosando 49 - 72 de 291 resultados da busca.

Fonte que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Palacio de Lestrobe.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Localízanse no lugar de Carreiras, o conxunto foi construído en 1950 e restaurado entre os anos 1999 e 2000. A fonte está feita de pedra e ten dous canos, a auga cae nunha pía rectangular de 1 metro  de longo e 50 centímetros de ancho. Desde aquí a auga é canalizada cara ao “pilón” (así é como lle chaman os veciños ao lavadoiro). A pía deste mide 5 metros de longo, 2 metros de ancho e 50 centímetros de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase na rúa do Pilar, en San Xulián. Atópase máis baixo que a rúa que dá acceso ao mesmo, polo que ten unhas escaleiras de pedra para chegar á pía. Non se coñece o ano de construción. O lavadoiro está construído en pedra e a auga que o abastece procede dun manancial que pasa por debaixo da rúa. A pía ten 4,5 metros de longo e 2 metros de ancho, e as pedras de lavar sitúanse nos dous lados máis longos. Con…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase na avenida de Vigo a un nivel máis baixo que a rúa, polo que se deben baixar unhas escaleiras para acceder a el. Non se coñece o ano de construción, mais foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999 e 2000. A auga que o abastece procede dun regueiro que pasa ao seu carón. Está todo construído en pedra, ten un tellado cuberto con tella do país e apoiado sobre unha parede ao norte e columnas de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Na ribeira do rego que fornece de auga ao Lavadoiro da Chancela, e que canalizado baixo terra, morre no río Ulla.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Fonte localizada na Praza da Plazuela, elaborada con pedra granítica, cano metálico e cuncha en relevo gravada na pedra. Construída na mesma data que a igrexa, no muro das escaleiras que dan acceso á Igrexa Parroquial de Pontecesures. Orixinariamente atopábase no centro da praza. Tiña…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Atópase na rúa do Pilar, en San Xulián. Consta dun só cano que verte directamente sobre a rúa. Á beira do cano, hai unha pedra colocada horizontalmente e incrustada no muro, que se empregaba para pousar as sellas. Segundo fontes locais, inicialmente o manancial atopábase un pouco máis ao sur, mais quedaba a un nivel máis baixo que a rúa e non era fácil coller a auga. Por este motivo, cando se enlousou a rúa,…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase na rúa Ullán, a un nivel máis baixo que a beirarrúa, polo que hai unhas escaleiras de pedra para acceder até el. A auga que o abastece é do regueiro que pasa ao seu carón. Non se coñece o ano de construción, mais foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999 e 2000. A pía do lavadoiro mide 6 metros de longo e 2 metros de ancho e está dividida por un tabique de obra de ladrillo e cemento nun dos…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Atópase no Camiño de San Xulián, no muro de contención da estrada N-550. Ten dous canos que verten a auga sobre unha pía de pedra rectangular e obra recente. Hai anos a fábrica de Gaseosas Zabala collía nela a auga que precisaba para a fabricación das mesmas, de aí o nome co que se coñece na actualidade…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Nuns apuntes de García Alén gardados no Museo de Pontevedra, recóllese a tradición oral relacionada co Castelo da Medela, no que se dicía que: “A unos cien metros hay un sitio del que sacaron piedra de un agujero en el que, según la leyenda bailaba una moura”. Probablemente o burato do que falaba García Alén era este corgo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Situado á beira do Camiño Portugués, no treito que discorre entre o Pino e a Medela. Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior. Está pechado polo leste por un muro de cachotaría granítica asentada en seco, de 6,8 metros de longo por 1,3 metros de ancho.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte de bloques de granito emprazada nunha área na que tamén existe un corgo de bloques de formigón.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar de Ponte Valga. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Situada nunha encrucillada ao carón da Cruz de Ferreirós, semisoterrada e delimitada por muretes de cachotería.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos, cano metálico e escudo en relevo do Concello de Valga gravado na pedra.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Emprazado ao carón da Ponte do Souto, formado por unha pía de bloques graníticos, piares de pedra e cuberta de tella.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto. Piares de soporte e cuberta en formigón, rematada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía a base de bloques graníticos e piares de suxeición da cuberta de granito.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Estrutura da cuberta e cubrición en formigón.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición da cuberta tamén en granito con sección cadrada. Cuberta de formigón con acabado en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro de bloques de granito ao carón da estrada.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía formada por bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición da cuberta tamén de pedra. Cuberta de formigón.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro con muros exteriores de cachotería. Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares tamén de granito e cuberta a dúas augas de tella.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga