Busca

Amosando 1 - 24 de 343 resultados da busca.

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría e cuberta a dúas augas, con remate de tella curva sobre armazón de madeira.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría encintada, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Ao carón da Ponte do Portanchiño, trátase dunha construción a partir de muros de cachotaría encintada, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a unha soa auga, con remate de tella curva.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta cadrada, con estrutura de muros de cachotaría e cuberta a unha soa auga, con rematado de tella curva sobre armazón de madeira.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede por uns chanzos estreitos, con muros de contención de cadeirado e un só cano.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular a partir de muros de cachotaría, sen cuberta.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte dun só cano, nas proximidades do Lavadoiro de Lestrobe e do Muíño de Fidel, cun corpo escalonado e moldurado. Destaca a súa sinxeleza e a pía elevada sobre base prismática.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Lavadoiro, nas proximidades da Fonte de Arriba e do Muíño de Fidel, con predominio da lonxitude sobre o ancho, con dez pedras de lavar en cada lado. Cuberto cunha estrutura de nove piares sobre o que descansa un tellado a dúas augas con tella do país e trabes de madeira. Trátase do…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Muíño de cubo con tellado a dúas augas, aínda que unha delas de escasamente 1 metro. Dunha altura aproximada de 6 metros até o cume, consta de dúas alturas diferenciadas, posiblemente con dous andares, coas paredes de cantería. Ten unha soa pedra de moer, nun espazo interior duns 30 metros cadrados. En tempos, tiña un piso superior de madeira para almacenar diferentes materiais para a moenda. A auga corre por unha canle de cantaría arriba dun muro de cachotaría de 30…


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Corpo principal monolítico rematado na parte superior, que aloxa un só cano, coa pía semicircular elevada.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte no muro dunha finca, con dous canos e decorado por un enmarcado perimetral. O lavadoiro ten catro pedras de lavar por cada lado, cubertas cunha estrutura de piares de formigón que soportan trabes prestensadas sobre as que descansa unha lámina de formigón con tella curva do país.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte por debaixo da rasante, á cal se accede por escaleiras laterais. Ten un só cano e atópase decorada cunha cruz formada por cunhas de vieira.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Fonte de base prismática con dous canos, nas proximidades do río San Lufo.


Dodro - Santa María de Dodro | Arquitectura da auga

Lavadoiro con pedras de lavar e pía. Cuberta de tella curva sobre columnas de pedra.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Construción de planta rectangular con estrutura de muros de cachotaría irregulares, cuberta a dúas augas e canle elevada rematando no cubo que subministra a auga ao rodicio. A canle de pedra transcorre ao longo de 40 metros por riba dun muro de contención feito de pedra de cantaría que nalgún lugar pode superar os 4 metros de altura, para levar a auga do río de Manselle até o cubo do muíño. Destacan as escaleiras cos…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño de planta rectangular con estrutura de muros de cachotaría nos lados maiores, e cantaría irregular nos menores. A cuberta era a unha soa auga, con acabado de tella camba.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Edificación de planta rectangular con muros de cachotaría.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Lavadoiro de dúas pedras nos lados maiores, e unha nos menores, sobre pía de pedra. Está cuberto por unha estrutura de piares de formigón e trabes pretensadas, sobre as que descansa unha lámina de formigón.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de corpo principal prismático con enmarcado perimetral, cun só cano de pedra no seu lateral, e lavadoiro con cinco pedras para lavar.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte nun lateral do muro de contención da Escola da Emigración de Tallós, cun corpo principal de cantaría e remate de peza circular. O cano da fonte está ornamentado cunha cara, e a pía elevada e soportada por unha columna.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte no muro dunha finca con corpo principal de cantaría, rematado nunha cornixa moldurada. Aloxa un só cano e pía encastada. Nun dos seus laterais presenta un banco executado en pedra dun só pé.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Lavadoiro con tres pedras de lavar por cada lado e pía de pedra, cuberto por unha estrutura de piares de formigón e trabes pretensadas que soportan unha lámina de formigón.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Construción a partir de muros de cachotaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba, se ben na actualidade se atopa caída.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Muíño localizado na ribeira do río da Arregañada. Construción a partir de muros de cachotaría, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantaría. Cuberta a dúas augas, con remate de tella camba.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga