Busca

Amosando 73 - 96 de 279 resultados da busca.

Fonte formada por bloques graníticos. Lavadoiro coa pía de bloques graníticos e estrutura da cuberta en formigón, con cubrición de placas de fibrocemento e tella ao exterior.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Cedelo, coa pía e piares de granito e a cuberta de formigón.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muro perimetral de granito. Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares extremos tamén de granito e piares intermedios e cuberta de formigón, rematada con tella curva.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía formada por bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición tamén de granito. Cuberta de formigón e acabado en tella do país.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte e pía de bloques graníticos, semisoterrados con respecto ao nivel do solo, no lugar de Laxes.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía formada a partir de bloques graníticos.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Conxunto formado por fonte, lavadoiro e dous bancos, elaborados a partir de bloques graníticos, ao carón da Vía Militar Romana Número XIX.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Conxunto do ano 1952 formado por unha fonte de dous canos que verque a unha pía de pedra. Posteriormente a auga vai canalizada até un lavadorio feito en cantaría granitica con dúas follas para o lavado da roupa.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muros exteriores de cachotería granítica. Pía e piares tamén de granito. Cuberta a dúas augas rematada en tella do país.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Pía formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía granítica, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares e cuberta de formigón.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Pía cerámica revestida con morteiro de cemento e bloques pétreos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Cuberta de formigón e tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro de pía formada por bloques pétreos, piares de pedra de sección cuadrangular e cuberta de formigón con acabado en tella. Fonte tamén de pedra.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro composto de pía formada por bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo, piares de soporte da cuberta de granito de sección cuadrangular pétreos. Cuberta de placas de fibrocemento e rematada en tella do país.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de granito e cuberta de formigón.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte elaborada de bloques graníticos. Pía de bloques graníticos e cuberta rematada con tella do país.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e cuberta de formigón.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño do tipo canle, de planta rectangular construído en cachotaría granítica unida con cemento. As paredes foron desmanteladas de maneira moi violenta, aínda que hoxe se conservan ben a porta e unha seteira no lado da canella, así como un fragmento de capa foi reutilizado como tampa terminal desta última. Obsérvase unha cruz latina gravada na base da padieira dereita da porta. Presenta tellado a dúas augas coa cuberta en tella…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular, que no seu día foi de maquía, construído en cachotaría granítica unida con cemento. Presenta tellado a dúas augas coa cuberta en fibrocemento. A canle remataba en dúas canellas, das que só unha se mantén actualmente en uso. Antigamente tiña dous rodicios, aínda que hoxe só presenta un, en perfecto estado. A moa conservada moe millo, aínda que antigamente tamén se moían outros cereais.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Na ribeira leste do río Valga, no val situado ao oeste do Monte da Chan, trátase dun muíño de planta rectangular, construído en cachotaría granítica asentada en seco. Tellado a dúas augas, parcialmente derrubado no sector sueste, aínda que conserva todas as vigas que sosteñen o tellado. Os vanos están alintelados con perpiaño. Conserva a roda de moer.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular con muros de cachotería. Cuberta de placas de fibrocemento. Conserva maquinaria no seu interior.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica, coas xuntas unidas con cemento. Á planta orixinal do edificio en pedra, foille engadida posteriormente un anteporche lateral de ladrillo con pousadoiro e un sobretellado avanzado a xeito de tomachuvias. A porta, con cruz gravada na padieira esquerda, está composta por unha folla de madeira. A parede da canle…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Na ribeira do rego das Castañeiras, trátase dun muíño de planta cuadrangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Cuberta a unha auga rematada en tella do país.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. As paredes amosan un fachinelo frontal, unha seteira lateral e unha lacena no interior. Presenta alomenos dúas cruces latinas gravadas na padieira esquerda e outra no lintel. A compartimentación do espazo produciuse por medio dun tabique baixo transversal. Presenta tellado a dúas augas,…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga