Busca

Amosando 265 - 278 de 278 resultados da busca.

Pombal situado no extremo norte dunha grande finca, vinculado ás Casas da Mámoa. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra parcialmente enfuscados, con cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior, baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal situado nunha finca particular que dá fronte á estrada interior que comunica o lugar de Asados con A Devesa. Planta circular e fábrica de cachotaría de pedra enfuscada e pintada na parte superior, sobre o asoleirado perimetral. Cuberta cónica de tella sobre estrutura de madeira, con remate en forma de bola.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal rehabilitado que forma parte dun establecemento hoteleiro, situado xunto ao río Té, e ao que se accede dende a estrada a Burés. Pombal de planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Acceso desde unhas escaleiras exteriores, con ocos rectangulares alintelados en planta baixa e sobre o asoleirado perimetral superior.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal de planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra. Cuberta cónica de tella sobre estrutura de madeira.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Ponte que se atopa no camiño que vai para o Porto de Leiro, xa na desembocadura do chamado río do Mar ou rego de Rial, xunto ao Muíño de Lodeiros. Estrutura alintelada de tres vans, realizada con pezas de cantaría e piso de rasante horizontal de lousas de granito. Pretil composto por tres pezas…


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Pombal no interior da finca da Casa do Laxido, sobre o cruce do camiños de acceso ao núcleo. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta a unha auga enfuscada sobre a estrutura principal e cornixa de borde de lousas de granito. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior, baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Palco de música situado no espazo verde detrás da Ermida de Santa Lucía. Plataforma de planta octogonal de perpiaños de granito con semipilastras nas esquinas e molduras nos lados.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal situado nunha finca particular na marxe leste do rego do Batán, ao sur do Pazo dos Calote. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

A Ponte da Ermida ou a Ponte de Portarreira está situada sobre o río Té, no camiño que vai desde o Cruceiro de San Xoán ao Muíño da Vexa de Abaixo, ao sur do lugar da Ermida. Estrutura de lousas de granito de grandes dimensións apoiadas sobre muros realizados con pezas de…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Pombal situado na finca da Casa Nº 1 de Sestelo que ten un reloxo de sol, á que se accede desde a praza central do lugar de Sestelo. Planta circular de muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados e pintados, e cuberta cónica de tella sobre estrutura de madeira, con pináculo de remate. Estreito asoleirado perimetral de lousas de granito.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Pombal situado no interior da finca da casa reitoral de Santa María de Asados, detrás da igrexa parroquial. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta cónica enfuscada sobre a estrutura principal e tellas sobre a cornixa. Lousa circular de remate con pináculo en forma de bola. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral…


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal situado no interior da finca dunha vivenda no extremo norte do lugar de Isorna. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, enfuscados e pintados na parte superior, sobre o asoleirado perimetral. Cuberta cónica enfuscada sobre a estrutura principal e tellas sobre a cornixa, rematada cun pináculo. Porta alintelada de acceso nun lateral.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil