Busca

Amosando 25 - 48 de 294 resultados da busca.

Conxunto de dúas vivendas situadas sobre a beira do rego da Grenla, que separa os lugares de Brión e A Pedreira. Están situadas na mesma parcela, dispostas moi próximas entre si, unha con fachada á rúa e a outra sobre o regato. Tipoloxía similar, de planta cadrada e dous andares, resoltas con muros de cachotaría e cuberta a dúas augas de tella. Ocos rectangulares con carpintería enrasada de madeira e accesos en planta baixa dende o interior da parcela. Destaca o corredor…

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.

Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Antiga casa-escola construída no ano 1903 e situada ao norte do núcleo, xunto á pista deportiva. Actualmente alberga a Sociedade Cultural Manuel Vicente Vidal.

Manuel Vicente Vidal, natural da parroquia de Santa María de Leiro, emigrou a México, onde fixo unha pequena fortuna. Sen esquecerse das necesidades da súa terra natal, mandou construír unha casa-escola para que alí recibisen ensino primario as nenas e nenos da súa…

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.

Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Vivenda situada no interior dunha finca de grandes dimensións ao norte do lugar de Abuín. Muro de peche perimetral de cachotaría de pedra con portón alintelado situado nun extremo, sobre o cruce de acceso ao núcleo. Conta tamén con accesos desde a estrada DP-3301 e desde un camiño situado ao sur. Edificación principal en mal estado de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría e remates en cantaría, con cuberta a dúas augas. Hai un souto de…

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e…

Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Vivenda e edificación auxiliar situadas ao norte do lugar de Abuín, dando fronte á estrada DP-3301. Edificación principal de planta cadrada e dous andares resolta con muros de cantaría de granito e cuberta a catro augas de tella. Composición simétrica das fachadas compostas por seis ocos rectangulares, exceptuando a fachada oeste, que ten acaroada unha edificación auxiliar dun só andar e cuberta a dúas augas de tella. A planta baixa da fachada principal, onde se localiza…

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Porto no lugar de Rial onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Chégase cruzando a Ponte de Rial, ao carón do Muíño de Lodeiros, xa na desembocadura do río do Mar ou rego de Rial no Ulla.

Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Conxunto de vivendas e edificacións auxiliares dispostas linearmente a ambos lados da estrada principal do lugar. Destacan os muros de peche das fincas, de grandes dimensións, realizados en cachotaría de pedra con portóns alintelados de acceso. Conxunto parcialmente rehabilitado. Volumes de planta rectangular de dous andares nas vivendas e de planta baixa nos anexos, resoltos con muros de cachotaría e cantaría vistas e cuberta a dúas augas de tella. Fachadas de…

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e edificacións auxiliares situado no centro do lugar de Sestelo, con acceso principal desde a praza, onde se localiza o Cruceiro da Praza. Vivenda de planta rectangular e dous andares resolta con muros de cantaría de granito e cuberta a dúas augas de tella. Composición das fachadas simétrica con ventás balconeiras no segundo andar e acceso en planta baixa…

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Edificación situada no centro do lugar de Sestelo, con acceso á parcela fronte ao Cruceiro da Praza. Muro de cachotaría de peche da finca con acceso principal desde a praza, con cuberta de tella a dúas augas e reloxo de sol de cantaría nun extremo. Construción principal dedicada a…

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Edificación dedicada a centro sociocomunitario, no lugar de Sestelo, que desde 1996 leva o nome do crego e poeta antifranquista Faustino Rey Romero. Trátase dun volume de planta rectangular e dous andares, con cuberta a dúas augas de tella. Está resolta con muros de cachotaría de pedra vista no primeiro andar e cerramento de ladrillo enfuscado e pintado no segundo. Ocos rectangulares verticais na planta baixa…

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Conxunto de varios volumes situado nun extremo do lugar de Sestelo. Edificacións auxiliares fronte á rúa, agrupadas en torno á vivenda configurando un patio interior pechado por un muro perpendicular á fachada principal. Vivenda de planta rectangular e dous andares, resolta en cachotaría de granito con cuberta a dúas augas de fibrocemento. Solaina na fachada principal, con varanda de pedra e escaleira exterior de acceso ao segundo andar.

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

A casa reitoral de Asadelos data dos séculos XVIII-XIX e está situada no interior dunha finca de grandes dimensións que rodea á Igrexa de Santa María de Asados. Construción de dous andares e planta en L resolta con muros de cachotaría e remates en cantaría, e cuberta a dúas augas de tella. Patín de…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Pazo do ano 1540, situado ao norte do lugar de Asadelos, nunha finca de grandes dimensións. Acceso principal perpendicular á fachada oeste, mediante portalón coroado por un escudo e pináculos. Escudos pertencentes á familia dos Torrado (torres e vieiras) e á dos Mariño (ondas e a serea que abraza o escudo de armas). Edificación de planta rectangular e dous andares, con varios volumes acaroados, resolta con muros de cachotaría e remates de cantaría. Cuberta a catro augas…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Conxunto dúas vivendas acaroadas, situadas ao norte do lugar da Mámoa, nunha finca de grandes dimensións delimitada por un muro de peche de cachotaría de granito, con accesos desde a rúa e na parte traseira da finca, xunto ao Cruceiro da Mámoa. Edificacións de planta rectangular de dous andares, con cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira, e muros de cachotaría de granito enfuscados e pintados con remates en cantaría nos recercados e peitorís. Fachada…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e edificacións auxiliares con finca, situado entre os dous centros tradicionais do lugar, nun cruce de camiños presidido polo Cruceiro da Mámoa. Acceso á finca desde o cruce, mediante un volume cuberto con porta alintelada cunha inscrición co ano de construción da vivenda (1920) e as iniciais da familia. Edificación principal de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a dúas augas de tella. Fachada…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e anexos situados no extremo norte do lugar do Laxido, sobre o cruce do camiños. Muro de cachotaría de peche da finca con dous accesos: un ao sur a través dun volume cuberto con portada alintelada coroada por unha estatua da virxe e outro ao leste, fronte ao Cruceiro de Lustres. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Vivenda de principios do século XX, localizada na praza central do lugar da Capela, xunto ao Pazo dos Calotes. Edificación principal de dous andares e planta trapezoidal, cun anexo acaroado á fachada suroeste. Está realizada con muros de cachotaría e cantaría na fachada principal, con cuberta a dúas augas de tella. Acceso desde a praza, baixo un balcón corrido de pedra no segundo…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

Edificación en esquina de planta trapezoidal situada no cruce das estradas de Burés e Asados. Vivenda de dous andares e cuberta a catro augas de tella, realizada con muros de cachotaría, con remates de cantaría nas esquinas, nos recercados dos ocos e na imposta. Fachadas de composición simétrica con ventás balconeiras no segundo andar e accesos nas tres fachadas que dan á rúa mediante portas de dúas follas de madeira con molduras. Ten unha edificación anexa na fachada sur…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación…

Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura civil

Edificación illada de planta rectangular situada ao sur do lugar do Vilar. Volume de dous andares e cuberta a un auga de tella, realizado en formigón con detalles de cantaría nas esquinas. Tipoloxía propia das escolas unitarias, con fachadas de composición simétrica e ocos rectangulares. Destaca o balcón cuberto nun extremo da fachada leste, baixo o cal se localiza o acceso principal. Recentemente rehabilitada.

As escolas unitarias eran as existentes no rural…