Busca

Amosando 193 - 216 de 306 resultados da busca.

Nun cruce de camiños entre o rural e o núcleo de Teaio.

Cruceiro de granito. Mide 3,50 metros de alto por 2,50 de ancho. O baseamento son tres gradas cuadrangulares. O pedestal é cuadrangular rematado en chafráns, con paramentos recadrados. O varal é un fuste de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Cruceiro construído en granito do tipo de crucifixo, situado no campo da festa, ao carón da Igrexa de San Xián de Laíño. Único exemplar de Dodro dotado de pousadoiro ou mesa para os mortos. Unicamente o cruceiro que se levanta no actual

Localizado nunha praza do núcleo, nun cruce de 5 camiños.

Cruceiro do tipo de crucifico, construído en granito, co baseamento sobre dúas gradas cuadrangulares, a primeira semisoterrada coa subida da cota da estrada. O pedestal ten a base prismática de arestas redondeadas decorada na súa cara superior por un…


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

No cruce de tres camiños.

Cruceiro de granito e cemento. Mide 3,70 metros de alto por 1,20 de ancho. O baseamento é unha grade cuadrangular. O pedestal é unha basa prismática de arestas de cara superior en chafrán. O varal é de sección cadrada en inicio e octogonal ou de arestas chafranadas no resto. O capitel ten un equino e un ábaco sinxelos. A cruz é sinxela de sección octogonal.…


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

No sitio coñecido como Revolta da Cruz, ao NW da Fonte Primeiral. Cruceiro sobre unha grada cuadrangular de base irregular e do que só queda un anaco do fuste.

Forma parte do camiño…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Nunha beira da estrada Bexo-Burés, a 1 quilómetro da aldea de Bexo. No cruce entre a estrada AC-305 (antigo Camiño Real) e a pista que vai para a igrexa parroquial. Ademais, este cruceiro separa Bexo de Arriba de Bexo de Abaixo.


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Levántase ás aforas do núcleo, entre Eiró e Tarrío, nun rechán ao lado da estrada que leva a Tarrío e a Tallós.

Cruceiro de granito do tipo de crucifixo. Mide 4 metros de alto e 1,60 de ancho. O baseamento é cuadrangular con catro gradas. O pedestal é cuadrangular con paramento recadrados e…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Nunha estrada secundaria, próxima ao patio dunha vivenda/restaurante, no cruce dun camiño coa estrada AC-305 (quilómetro 1).

Cruceiro de granito e formigón. A basa mide 0,70 metros por 0,40, o fuste 0,20 e a altura total é 3,75. O baseamento é unha plataforma cuadrangular de formigón. O pedestal é cuadrangular e unha gran falsa escocia,…


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Na entrada á antiga granxa cinexética de Vigo.

O cruceiro é de granito. O baseamento é cuadrangular con dous graos. O pedestal é cúbico, remata con chafráns. O varal é de sección cadrada con chafráns. A media altura ten unha imaxe de San Francisco. No extremo superior, onde rematan os…


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Na beira da pista asfaltada que vai para a igrexa parroquial, a mesma xunto á que está o Cruceiro das Escuras e un cruceiro desaparecido chamado cruceiro de Sabela.


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Na praza coñecida como Chan de Viña, en Bexo de Abaixo.

Cruz localizada no muro de peche dunha propiedade. Carece de baseamento, pedestal e de capitel, consistindo nunha grande cruz de brazos desiguais. O varal é de sección cuadrangular, ao igual que a cruz. Na cara frontal presenta varios debuxos gravados na…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Localizado no lugar de Abelán da Cruz, no Monte Padronelo. No cruce dos camiños que van a Teaio, Bustelo e A Devesa, antiga encrucillada, punto que separa as aldeas do monte e as do val. Por aquí discorría o Camiño Real que ía de Santiago a Rianxo pasando pola venta da Chisca e polo río da Vexa (Bexo). Descríbeo o Pai Sarmiento na súa…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Situado no adro da igrexa parroquial, nun lateral da mesma.

Feito de granito e cemento. Mide 4,50 metros de alto por 2,05 de ancho. O baseamento é de cemento, sobre tres grades cuadrangulares, a primeira delas semisoterrada. O pedestal é de cemento, cúbico, remata con chafráns, paramentos recadrados. O varal é un fuste…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste construído en xaneiro de 1992 segundo unha placa no pedestal. Está construído sobre un pedestal tronco piramidal sobre o que está incrustado o fuste ou varal, que comeza e remata en forma cadrada e o resto é de sección octogonal. O capitel é cadrado moldurado na súa parte inferior, con caras nas súas caras e remata cun ábaco de lados redondos. A cruz ten unha sección cadrada no seu comezo, as arestas están chafranados e as…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Localízase dentro dun recinto cunha mesa e bancos de pedra, na praza do núcleo, á beira da estrada AC-307. Na bibliografía identifícase esta praza coa antiga praza medieval de venda de peixe.

Cruceiro feito de granito. A basa mide 0,70 metros de ancho por 0,20 de alto. O fuste 0,25 (parte inferior) e 0,10 (parte superior). A altura total é de 6 metros.…


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado no centro de dous camiños dentro do núcleo.

Está rodeado dun muro de pedra e de reixa de ferro fundido. Sobre o muro atópase o peto de ánimas. É todo de granito. Mide 4,50 metros de alto e 1,50 de ancho. O baseamento é unha plataforma elevada executada a partir de perpiaños…


Dodro - San Xoán de Laíño | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste ou varal construído sobre unha plataforma con tres chanzos cuadrangulares sobre as que se coloca o pedestal de forma prismática e os bordos superiores chafranados. O fuste comeza en forma cadrada e logo faise octogonal. O capitel comeza cun astrágalo sobre o que se coloca un corpo cilíndrico e enriba deste a parte superior do capitel decorada con volutas e cabezas de anxos con ás nos lados e sobre el un ábaco cos lados…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Carreiras é un dos lugares máis antigos do municipio. Nun outeiro e no centro dun cruzamento de vellos camiños levántase o cruceiro, que, segundo se desprende dunha das innumerables inscricións esculpidas nel, data de 1747, aínda que podería ser algo anterior. Na construción deste cruceiro investíronse 80 días.

A columna do cruceiro mide aproximadamente 4,50 metros. Até os anos 70 do século XX tiña tamén dúas pequenas cruces a ambos lados do cruceiro principal, de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con gran chafrán. O varal ten un arranque cuadrangular e recadrado con desenvolvemento octogonal. Ten distintas figuras como a de San Lázaro sobre unha peaña, unha persoa en actitude orante (posiblemente un enfermo), e os elementos da paixón: escada, coroa de espiñas, unha man, un martelo e tenaces. Ademais hai unha espada e unha vieira. O capitel é troncopiramidal invertido…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, coa súa parte superior moi traballada cun sentido do equilibrio na profusa decoración, que en ningún momento cae na estridencia, nin no fatuo. Para comezar, o seu capitel susténtase sobre unha dobre voluta octogonal, como o fuste, e presenta unha ornamentación vexetal que evita así as esquinas en arestas e deixa un espazo entre folla e folla ocupado pola cuncha de vieira. Arriba, a cruz con deseño octogonal e remates cadrados, con fendas que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado no xardín da vivenda Nº 15 da rúa Sagasta.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Inaugurado o 21 de agosto de 1966, trátase dun cruceiro do tipo de imaxe, localizado carón do Camiño de Santiago. Segundo Estanislado Fernández de la Cigoña Núñez, esta columna co Apóstolo Santiago, forma parte do Via Crucis da Ruta Xacaboea do Mar de Arousa.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Na entrada ao parque infantil da avenida de Vigo, emprázase un cruceiro do tipo de cruz, probablemente vinculado á Igrexa Parroquial de Pontecesures, situada a poucos metros deste.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Infesta, á beira do Camiño de Portugués. Na parte superior da entrada lese a seguinte inscrición: “UNA DE DOS O NO ENTRAR AQUI O ALABAR A DIOS. ANO DE 1814”. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos