Busca

Amosando 1 - 24 de 1343 resultados da busca.

Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Muíño de vento no Monte Beiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

No xardín dianteiro dunha casa, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba. 

Situado sobre unha grade  de cemento do xardín dianteiro da casa, non sendo este o seu emprazamento orixinal. O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Situado na parte superior dun portalón que da acceso ás vivendas número 16 e 26 do lugar Tallós, ao pé da estrada AC-305.

Exemplar de reloxo de sol construído na cima dun portalón alintelado de pedra, xunto con unha cruz latina florenzada con botón central e…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Emprazado na parte superior da parede sur dunha vivenda, no lugar de Rial da Lagoa.

Exemplar de reloxo de sol localizado na parede dunha construción, neste caso unha vivenda de pedra. Asenta sobre un saínte pétreo ou peaña. O reloxo, feito nun bloque de…


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Localizado na portada de entrada a unha finca privada, propiedade, orixinalmente, da Casa da Bexa, na zona alta do lugar de Castro.

Trátase dun dos reloxos de sol máis fermosos do concello e o único exemplar no mesmo de reloxo cúbico. Localízase sobre un dos…


Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil

Reloxo de sol múltiple no Santiaguiño do Monte, sobre o muro que delimita a Finca O Carballal.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

A Casa dos da Riva está limitada por un muro rústico sobre o que se presenta un enreixado de fundición artística cara ao Paseo do Espolón, cunha singular balconada da mesma traza.


Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil

Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias opcións,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Hórreo no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Conxunto de hórreos no lugar de Tarrío.


Padrón - Santa María de Cruces | Hórreos

Hórreo no lugar de Iria.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Arretén,


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Rial


Padrón - San Pedro de Carcacía | Hórreos

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".


Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil

Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil

Na parede sur da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízase este reloxo de sol.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil

Na parede sur da Igrexa de San Xián de Laíño localízase este reloxo de sol.


Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil

Situado na entrada sur da aldea, a escasos metros da fonte e lavadoiro de Sar, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.

O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos