Busca

Amosando 169 - 192 de 370 resultados da busca.

Cruceiro de granito que se empraza no lugar de Quintáns, á beira do río Ulla. Non forma parte do vía crucis da Ruta Xacobea do Mar de Arousa, posto que é moito máis antigo que os que forman esta ruta.…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira do camiño real, no interior dun recinto cercado por un muriño de pedra. Plataforma de dous chanzos con base cadrada de dous corpos, con toro e escocias superiores e inscricións nos catro lados do volume inferior, coa data de construción do cruceiro (1907). Fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base e capitel decorado con formas vexetais e rostros de querubíns. Cruz de sección circular e carácter leñoso cun Cristo no anverso…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de capela no medio de Isorna. Ten unha pequena plataforma cuadrangular de tres graos e carece de pedestal. O fuste é octogonal con adornos nos chafráns e contén unha imaxe. A capela está ornamentada. A base ten molduras e ten un anxo alado. O tellado é a catro augas e o teito plano. Contén dúas imaxes no interior e un soporte para candís. O Cristo ten as mans abertas, coroa de espiños e cartela de INRI.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito, situado nunha finca á beira do río Ulla, xunto á ponte de Catoira. Plataforma de dous chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada. Capitel troncopiramidal inverso con escenas en baixorrelevo e cruz de sección cadrada cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

No Parque de Isorna, cruceiro con plataforma e pedestal cuadrangulares, co pedestal moi moldurado e cunha gran escocia. Fuste octogonal diminuído con pedestal octogonal liso. Capitel tamén octogonal con volutas, cunchas e querubíns, co astrágalo tamén octogonal e o ábaco común de lados curvos e vértices chafranados. Sección da cruz octogonal con remates florenzados con botón central. Cristo crucificado coa cabeza cara adiante, coroa de espiñas, pano suxeito cunha corda e…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Antigo cruceiro de granito situado sobre o acceso ao lugar da Lagarteira, fronte á fonte do mesmo nome. Tan só se conserva parte do fuste de sección cadrada, sobre unha base con toro e escocias apoiada nunha plataforma de dous chanzos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Conxunto de tres cruces situadas no Puntal da Braña, que forma parte dun vía crucis á beira do río Ulla, xunto ao Cruceiro do Cabo, en Quintáns.

Conxunto de tres cruceiros, co do medio de maiores…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito que está situado á beira da estrada a Somoza. Ten unha plataforma de tres chanzos e base circular sobre a que se ergue un fuste tamén circular, ao que lle faltaba a cruz e o capitel de remate.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz de granito sobre o muro de peche dunha vivenda, no extremo sur do lugar do Batán, xunto á estrada principal. Cruz de sección octogonal e brazo inferior máis longo, cunha imaxe en relevo na parte central.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

En Somoza de Abaixo, cruceiro de plataforma e pedestal cuadrangulares, este último moi moldurado e con gran escocia; fuste octogonal con estremos cadrados, capitel cuadrangular con volutas, follas, querubíns e cunchas, astrágalo liso e ábaco de lados curvos e vértices chafranados; cruz de sección octogonal; Cristo crucificado bendicindo con ambas mans, pergameo de INRI e pano de pureza anoado cunha corda; Virxe orando coas mans en cruz sobre o peito sobre unha peaña.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á entrada do centro sur do lugar de Somoza, fronte á fonte e lavadoiro de Rial. Base prismática coas arestas superiores chafranadas sobre a que apoia un fuste de sección octogonal. Pequeno capitel con molduras e decoración superior, baixo unha cruz sen imaxes con brazos de sección hexagonal e relevos nos vértices.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Singular cruceiro do lugar da Mámoa, moi similar ao outro cruceiro da Mámoa. Ambos presentan moitos elementos comúns e relativamente infrecuentes entre os cruceiros do Concello.

A plataforma é cuadrangular de tres graos. Os vértices de cada esquina dos chanzos van adornados cunha forma ondulada que remata en volutas. O pedestal é cuadrangular, moi moldurado e cunha gran escocia. O fuste é de sección cuadrangular coa base e tope de maior grosor e cos paramentos…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar de Burés, sobre o camiño principal que o atravesa. Plataforma acaroada á fachada lateral dunha vivenda, composta por dous chanzos de granito e base prismática coas arestas superiores chafranadas. Fuste octogonal con remate inferior cadrada en contacto coa base. Capitel decorado con motivos vexetais e volutas nos extremos, baixo unha cruz latina de sección circular e aspecto leñoso, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Vía crucis composto por seis cruces situadas a ambos lados da estrada principal do lugar da Igrexa, en torno ao Cruceiro do Calvario. Cruces latinas sen imaxes, apoiadas sobre plataforma cadrada e base prismática, realizadas en cantaría de granito. Sección cadrada coas arestas chafranadas con decoración sinxela nos vértices superiores e brazo inferior mais longo apoiado directamente sobre a base.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira dun camiño perpendicular á estrada principal e que continúa até o rego de Burés, ao sur do lugar. Fuste octogonal sobre base prismática coas arestas superiores chafranadas. Capitel troncopiramidal inverso decorado con motivos vexetais e volutas nos extremos. Cruz de sección cadrada con remates nos vértices superiores, cun Cristo no anverso e a Virxe no reverso.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado á beira do camiño inferior que comunica os lugares da Mámoa e Suigrexa. Plataforma de tres chanzos e base prismática con molduras no corpo superior. Fuste de sección cadrada con relevos lonxitudinais nas frontes. Capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas, rostros de querubíns e motivos vexetais, sobre o que apoia unha cruz circular, de aspecto leñoso cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz de granito sen imaxes, situada na marxe norte da estrada principal de Asados, no cruce do camiño que vai ao lugar de Vilanustre. Cruz latina de grandes dimensións e sección octogonal, apoiada directamente sobre un fuste circular cunha figura central de San Antonio de Padua. Base prismática inferior.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de imaxe, con Virxe de granito localizada no interior da parcela dunha vivenda situada nas Miráns, sobre o camiño que leva ao río. Base prismática sobre a que se ergue un fuste de sección cadrada con arestas chafranadas. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, sobre o que se sitúa a imaxe da Virxe.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruz cun Cristo de granito localizada no interior da parcela dunha vivenda situada no centro do núcleo, sobre o camiño que leva ao río. Na parcela atópase tamén unha imaxe da virxe sobre un fuste realizada en cantaría. Cruz latina de sección cadrada con arestas chafranadas e remates moldurados nos vértices, apoiada directamente sobre o chan. Imaxe dun Cristo na cara frontal.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado nos Lemos, fronte ao cruce de camiños principal. Plataforma cadrada de catro chanzos e base prismática sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección inferior cadrada con relevos. Cruz de formas planas sen imaxes, con algunha figuriña incrustada feita en mármore, sobre un capitel troncopiramidal inverso con volutas nos extremos.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro situado á beira do camiño que une os lugares de Pousada e A Capela, paralelo á estrada principal do Araño. Plataforma elevada con dous chanzos e base cúbica, con peza de remate circular sobre o que apoia o fuste. Fuste de sección circular cunha imaxe de San Antonio de Padua cara a rúa. Capitel con volutas e cruz latina á que lle falta o vértice superior, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no centro do lugar do Vilar, á beira do camiño que leva á fonte e lavadoiro. Plataforma cadrada de dous chanzos e base prismática, sobre a que se ergue un fuste rectangular de arestas chafranadas na parte superior. Capitel con molduras xeométricas e cruz latina de sección cadrada, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado ao sur do lugar da Ermida, no camiño que parte da Ermida de San Xoán de Badía e baixa cara o río Té, onde se localizan o Muíño da Vexa de Abaixo e a Ponte…

Cruceiro de granito situado no extremo leste do lugar do Toural. Plataforma cadrada con tres chanzos e base prismática, sobre a que se ergue un fuste octogonal de sección cadrada no contacto coa base. Capitel con volutas e cruz latina, coa imaxe da Virxe no anverso e Cristo no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos