Busca
Muíño de vento de planta circular e muros de cachotaría. Os abanos deste muíño non terían sido fixos como outros da zona, senón que tería unha cuberta móbil cónica, cun armazón xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a dirección do vento. O movemento transmitiríase a un eixo e a unha ou dúas pedras de moer.…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída…
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Porto no lugar de Rial onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Chégase cruzando a Ponte de Rial, ao carón do Muíño de Lodeiros, xa na desembocadura do río do Mar ou rego de Rial no Ulla…
Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil
Muíño de vento no Monte Beiro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
No xardín dianteiro dunha casa, no lugar coñecido como Agro da Chousa, no Quinteiro de Arriba.
Situado sobre unha grade de cemento do xardín dianteiro da casa, non sendo este o seu emprazamento orixinal. O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Situado na parte superior dun portalón que da acceso ás vivendas número 16 e 26 do lugar Tallós, ao pé da estrada AC-305.
Exemplar de reloxo de sol construído na cima dun portalón alintelado de pedra, xunto con unha cruz latina florenzada con botón central e…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Emprazado na parte superior da parede sur dunha vivenda, no lugar de Rial da Lagoa.
Exemplar de reloxo de sol localizado na parede dunha construción, neste caso unha vivenda de pedra. Asenta sobre un saínte pétreo ou peaña. O reloxo, feito nun bloque de…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Localizado na portada de entrada a unha finca privada, propiedade, orixinalmente, da Casa da Bexa, na zona alta do lugar de Castro.
Trátase dun dos reloxos de sol máis fermosos do concello e o único exemplar no mesmo de reloxo cúbico. Localízase sobre un dos…
Dodro - San Xoán de Laíño | Obra civil
Reloxo de sol múltiple no Santiaguiño do Monte, sobre o muro que delimita a Finca O Carballal.
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
Miradoiro-balcón metálico sobre muro de pedra, na actual avenida Castelao, orientado ao Paseo do Espolón.
Segundo escribe Eloy Rodríguez Carbia, “o…
Padrón - Santiago de Padrón | Obra civil
Palco octogonal construído en pedra.
Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil
Aínda quedan o restos da edificación (garita) vinculada ao desaparecido paso a nivel de Vilar que servía para cruzar a vía de ferrocarril que comunicaba Carril (Vilagarcía de Arousa) e Cornes (Santiago).
A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias opcións,…
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro. Muros de cachotería enfuscados e pintados.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Antigos pasais que atravesaban o río Sar Vello, no lugar do Pombal, xa no Campo da Insua. Estes desapareceron coa construción do desvío do río Sar.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Na parede dunha das torres do Santuario da Escravitude localízase este reloxo de sol de tipoloxía declinante a poñente, co gnomon dobrado, e coa inscrición: "POLI ARTICI / GRADI?? / AÑO IVBILEI 1745".
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Pombal de planta circular duns 6 metros de diámetro, no lugar da Barcia.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Obra civil
Na parede sur da Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia localízase este reloxo de sol.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Obra civil
Na parede sur da Igrexa de San Xián de Laíño localízase este reloxo de sol. Ten o gnomon invertido e as liñas horarias non corresponden coas horas reais.
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
Pombal de planta circular no lugar de Pedroso do Norte.
Padrón - Santa María de Cruces | Obra civil
Localizado no alto do muro de cachotaría de peche da Casa Nº 1 de Sestelo.
Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil
Situado nunha finca privada pechada no lugar de Rialiño.
É de planta circular, coas paredes encaladas e coa cubrición cónica.
Unha veciña recorda cando aínda tiña pombas. Terá uns setenta ou oitenta anos.…
Dodro - San Xián de Laíño | Obra civil
O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…