Busca

Amosando 73 - 96 de 138 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de crucifixo, que presenta por alicerce catro chanzos irregulares e unha base cúbica sobre a que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal, que se cobre un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes medias afastadas por espirais. Serve de apoio a unha cruz cilíndrica con vultos que simulan os nós da madeira, amosando figuras por ambas caras. Así, por diante, vemos un Cristo baixo carteleira do INRI, coas mans…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro de tipo de crucifixo, sen base e cun pedestal cúbico chafranado. Sobre un penedo enfesto, situado na parte máis meridional deste pequeno illote que se acha inmediato á ponte de Catoira, colocouse un cruceiro co Santo Cristo mirando cara a canle principal do río. A base que mantén ergueito o varal é cúbica, coas arestas rebaixadas. Columna, primeiramente, rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal. Vai afinándose a medida que se eleva. Amosa por diante…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz, con tres chanzos por alicerce e unha base cúbica coas arestas rebaixadas que serve de apoio a unha vara, primeiramente, cuadrangular, mais despois octogonal descendente. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes centrais de cada un. Cruz octogonal, lisa, finiña e sen figuras, cos brazos acabados en catro picos.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos fan de alicerce ao conxunto. Base cúbica con gorxa, vara cos extremos cuadrangulares, mais de sección octogonal na súa maior parte. Capitel de catro lados curvos, cabeciñas nas partes medias afastadas por espirais nas esquinas e cunchas por debaixo das mesmas. Cruz cilíndrica, con vultos. Cristo exento, baixo INRI, cos brazos en ángulo, as mans semiabertas, nó do pano á súa dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo. Polo…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Ten catro chanzos, mais o primeiro tan só está visible pola parte dianteira, xa que o resto aparece afundido no alcatrán da estrada. Base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas. Vara de sección octogonal que amosa na banda dereita a imaxe dun anxo con ás (San Miguel). Capitel de catro lados rectos, sen adobíos, que serve de soporte a unha cruz octogonal cos extremos acabados en cadrados. Amosa por diante un Cristo pegado ao…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que por alicerce presenta un só un chanzo case soterrado baixo o alcatrán da estrada. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que soporta unha vara de nova feitura, primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas espirais. Sobre este capitel houbo unha cruz cilíndrica e con nós. Por diante amosa un Cristo exento, baixo INRI, coas mans abertas, nó do pano á súa dereita e pé dereito…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

O Cruceiro Novo de Coaxe presenta tres chanzos de sustentación e unha base ben labrada en forma de copa. O fuste comeza sendo cuadrangular, pasando despois a sección octogonal descendente, pois perde grosor a medida que se afasta do chan. Capitel de catro lados rectos, con cabeciñas na metade de cada un afastadas por espirais nas esquinas e folliñas na parte baixa. Soporta unha cruz cilíndrica con vultos, que amosa por diante a figura dun Cristo de tres cravos, baixo…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos de sustentación e unha base paralelepípeda, coas arestas superiores rebaixadas na que se finca un fuste de sección octogonal e que se cobre por un capitel de catro lados rectos con espirais nas esquinas, que forman unha especie de escaleira de dous chanzos en cada cara. Cruz octogonal, lisa, cos extremos acabados en cadrado. Cristo pegado ao madeiro, baixo INRI, cos brazos paralelos ao chan, mans abertas, nó do pano duplo, á…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Localizado no pequeno adro da Capela de San Xosé Obreiro. Trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo, con tres chanzos e unha base ben labrada, con gorxa profunda serven de apoio a unha vara cuadrangular nos extremos, mais octogonal na súa maior parte. Capitel de catro lados curvos con flor no centro de cada un afastadas por espirais. Cruz cilíndrica, biselada nos…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Ten por alicerce tres chanzos, o primeiro deles case mergullado no alcatrán da praza. Base cúbica, ben labrada con gorxa fonda. A vara comeza e remata sendo cuadrangular, mais presenta sección octogonal na súa maior parte. Nesta última sección e pola banda da esquerda amosa diversos símbolos da Paixón e morte de Cristo. Así, de arriba abaixo, vemos: tenaces, martelo e escaleira de dez chanzos. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, con cabeciñas nas partes medias,…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, doado por Felipe Aragunde no ano 2001.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruz emprazada no adro da Igrexa de Santa Baia de Oeste.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, ao carón da Igrexa de San Pedro de Dimo.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizado ao carón da Escola da Baiuca, trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo sobre tres chanzos de pedra cadradas colocouse un cubo, ben traballado e con gorxa fonda, no que se finca un varal, primeiro cuadrangular e despois octogonal, alto e descendente. Na parte cuadrangular e baixa amosa diversos símbolos da Paixón de Cristo. Así, no lado esquerdo, vemos látego en forma…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que ten por alicerce un só chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, na que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal descendente. Na parte baixa da vara, e pola banda da esquerda, hai gravada unha escaleira de man de sete chanzos e no mesmo lado, mais xa na sección octogonal, vemos un cáliz de pouco vulto. A vara cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Ten tres chanzos de sustentación e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. A vara é cuadrangular nos tramos inferior e superior e octogonal no resto. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes centrais e espirais nas esquinas, con gran folla por debaixo. Cruz cilíndrica, con vultos dispostos simetricamente. Amosa polo anverso a figura dun Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, nó á dereita e pé…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Sobre plataforma de pedra que nivela o noiro do camiño, deitáronse dous chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que serven de soporte unicamente a unha cruz con figuras que amosa, por unha banda, a imaxe dun Cristo descabezado, de brazos case paralelos ao chan, nó á dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo, mentres que por detrás vemos unha Virxe das Angustias de dereitas: fillo coa cabeza á dereita do corpo da Nai e pernas á esquerda.


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular formado por dúas gradas. A primeira de considerable altura. O pedestal é de feitío cúbico e labra basta e irregular, en comparación co resto do conxunto. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O corpo do esteo é cilíndrico. O capitel é de feitío troncopiramidal sobre colariño. A cruz é latina, de sección cuadrangular. Mostra as arestas rebaixadas e os cabos florenzados. No anverso móstrase a Crucifixión e no reverso a…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Baseamento de planta octogonal formado por catro gradas. O pedestal é de planta octogonal con inscrición. Varal monolítico cunha base cúbica de sección cadrada. O desenrolo é oitavado por rebaixe das arestas laterais e remata nun colariño poligonal. O capitel é de feitío pseudocúbico, integrado no fuste da columna. A cruz ten unha base de planta cuadrangular. O corpo é de sección octogonal. No anverso móstrase a…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Capela de San Paio, con baseamento de planta octogonal composto por catro chanzos. Pedestal de planta octogonal. O varal, monolítico, ten unha base de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. No corpo interior da cara sur hai un retablo de ánimas labrado sobre a mesma pedra, actualmente moi erosionado.…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro acaroado á parte posterior da Igrexa de Santa Comba de Louro. Baseamento de planta rectangular dun só chanzo. Pousadoiro. Pedestal cúbico. Varal de sección cuadrangular no arranque e no remate, aínda que con desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O capitel adopta un feitío…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Atópase nun pequeno outeiro ao carón da Igrexa de Santa Comba de Louro, dende onde se ten un amplo dominio visual sobre a contorna. Baseamento de planta octogonal de tres gradas. O pedestal é un volume achaparrado de sección octogonal. Atópase decorado. Varal monolítico, cunha base de planta cuadrangular e corpo cilíndrico estriado. Capitel de feitío pseudocúbico…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cuadrangular formado por bloques graníticos, de tres gradas. Pedestal ao xeito de nocela apoiada sobre un plinto e rematado no cumio por un bloque de feitío troncopiramidal invertido. Varal monolítico con arranque cúbico e desenrolo cilíndrico. Capitel asentado sobre unha moldura recta e feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina e de feitío cilíndrico.…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos