Busca
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado…
Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos
Conxunto de tres hórreos ou cabaceiros de tamaño medio erixidos sobre pés e cepas de cantaría que pertencen a unha tipoloxía mixta (2) e labrados integramente en pedra (1). Trátase dunha versión canónica da comarca caldense, característico por presentar cámara rectangular de estrutura pétrea pechada por táboas de madeira ou fiadas de granito horizontais regulares, que lle conceden unha estilizada proxección vertical. Entre a soleira e a cámara un conxunto de pés e cepas,…
Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos