Busca

Amosando 1 - 24 de 304 resultados da busca.

Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo localizado na finca da Casa dos de Morales. Ten dou claros, de cámara rectangular de estrutura pétrea, pinches de madeira e pechada con táboas, sobre cepas de cantaría con tornarratos rectangulares. Portas en alzado lonxitudinal e penal. Cubrición con placas de fibrocemento. Sen decoración. Conxunto elevado sobre base de mampostería…


Catoira - San Pedro de Dimo | Hórreos

Hórreo no lugar do Souto da Vila.


Catoira - San Mamede de Abalo | Hórreos

O Outeiro da Marquesa atópase a 355 metros sobre o nivel do mar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Panorámicas

Hórreo coa cimentación de granito e os gabinetes pechados con ladrillos. No pasado debeu ter pombal, polas entradas superiores que aínda conserva.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Desde o Monte Mesón pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Situado na rúa Miradoiro da Ría, pode verse a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa e boa parte do Vía Crucis Marítimo, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

O Monte Xiabre atópase a 640 metros de altura sobre o nivel do mar, podendo contemplarse O Barbanza, O Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Catoira - San Mamede de Abalo | Panorámicas

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Desde o Monte de Pedras Miúdas pode contemplarse o Barbanza, o Salnés e a desembocadura do Ulla na Ría de Arousa.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Das catorce cruces das que consta un vía crucis tradicional, soamente se conserva unha sobre a cimeira do muro e pola banda dereita da Igrexa de San Mamede de Abalo, ademais da estación número 12, constituída polo calvario descrito.

Trátase dunha cruz baixa, maciza, monolítica, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Ten de altura 93 centímetros…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado no lugar de Catrocamiños, lugar onde conflúen as parroquias de Catoira, Oeste e Dimo. Un chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas constitúen a parte baixa deste cruceiro moderno, pois substituíu un antigo que estaba neste lugar. Varal, primeiramente cuadrangular, mais despois remata as arestas. Cóbrese por un capitel de catro lados curvos, adobiados por cabeciñas de anxo entre espirais. Cruz cuadrangular con…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

A cruz central ten por alicerce dous chanzos irregulares. Base grande, pouco alta e de bordos rectos. Cruz de sección octogonal, monolítica, cos brazos e testeiro acabados en cadrados, presentando un reducido testeiro. Adobíase pola parte dianteira dunha coroa na intersección dos brazos e dun INRI no extremo superior do testeiro. Os extremos dos brazos amosan dous círculos concéntricos e seis raios emparellados saíndo deles. A cruz ten unha altura de 2,20 metros de alto,…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

A parte inferior componse de tres chanzos irregulares e unha pedra chan que fai de mesa por diante. Base cúbica coas arestas superiores biseladas. A vara comeza sendo cuadrangular, para pasar despois a forma cilíndrica. Remata un capitel de catro lados curvos que presenta nas partes centrais figuras esquemáticas, sen apenas trazos, afastadas por bólas na parte baixa. Cruz de sección rectangular coas arestas redondeadas, finiña e sen figuras.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizada en posición de encrucillada, detrás dunha rede metálica, pois ficou por dentro dunha propiedade que impide o acceso á mesma. Cruz alta cunha altura próxima aos 2 metros, fincada nunha base irregular, que lembra un tronco de pirámide, fina lanzal, monolítica, lisa e sen figuras. Presenta sección octogonal, mais cos extremos acabados en cadrado.


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta unha gran plataforma de cachotaría feita sobre o noiro da estrada. Catro chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas serven de sustentación á obra. Fuste octogonal todo ao longo, mais con resaltes na parte baixa e alta. Amosa por diante e no terzo superior unha imaxe de Santo Antonio co libro dos sermóns na man. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e barcas nas esquinas que soporta unha…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Localizada nunha posición próxima a unha encrucillada, á beira dunha estrada local, este cruceiro perdeu a cruz que a coroaba en data indeterminada. Próxima aos 2 metros de altura, o varal fincábase nunha peaña cuadrangular de arestas biseladas e ángulos redondeados na que se aprecia unha fenda vertical. Por baixo da peaña e, descentrada respecto desta, unha base de planta cadrada e de maiores dimensións que aquela. O varal presenta sección octogonal, mais co extremo…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Presenta á vista soamente un chanzo. Base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Vara de sección octogonal que se cobre por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e volutas nas esquinas. A cruz, cilíndrica e lisa, amosa figuras por ambas caras. Así, por diante vemos un Cristo de poucos trazos, de tres cravos, baixo carteira de INRI, mans abertas, nó á dereita e pé dereito agochando o esquerdo. Por detrás,…


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo. Sobre a parte central do penedo colocouse unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, varal rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal descendente. Na parte dianteira e baixa desta vara, a rectangular, atopamos esculpida e formando parte da mesma columna unha serea baixo coroa (o escudo dos Mariño da Illa de Sálvora). Capitel cadrado, de catro lados rectos, adobiado soamente por espirais. Cruz rectangular da que pendura un…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, localizado a uns 30 metros ao leste da Ermida de San Cibrán, sobre unhas laxes onde está asentado este cruceiro duns 4'50 metros de altura. Está composto dun calvario de dúas gradas, baseamento, fuste de sección octogonal, capitel de volutas, e crucifixo figurado. Represéntase neste, por diante, vendo cara o recinto, a Cristo crucificado e…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifico, que presenta tres chanzos de sustentación e unha base cúbica, baixiña, coas arestas superiores rebaixadas. A vara, de sección octogonal, amosa a figura de San Miguel na parte dianteira e alta sobre monstro. Cóbrese por un falso capitel de catro lados rectos adobiados por espirais, que serve de apoio a unha cruz octogonal cos extremos acabados en cadrados e que ten figuras por ambas caras. No anverso: Cristo de tres cravos, baixo carteleira…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Cruceiro moderno do tipo de crucifixo, que carece de chanzos, presentando como todo alicerce unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Varal cilíndrico con vultos que amosa pola parte dianteira a imaxe dunha santa coa palma do martirio na man dereita. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e espirais nas esquinas. Cruz cilíndrica, con vultos, con imaxes por ambas caras. Por diante: Cristo exento, baixo un gran cartel de INRI enrolado,…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Tres chanzos de perpiaño e unha base cúbica, ben traballada, con gorxa central, serven de alicerce a unha vara primeiramente cuadrangular, despois coas arestas rebaixadas, para remataren en sección octogonal. Amosa peañas tanto na parte dianteira como na traseira, mais agora están sen as imaxes.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos