Busca

Amosando 121 - 129 de 129 resultados da busca.

Sitúanse no lugar de Condide. Non se coñece o ano de construción, mais segundo fontes orais debe ter máis de 100 anos. A fonte ten catro canos, e no seu día dicíase que era a mellor auga de Pontecesures. Esta auga desemboca no lavadoiro que se atopa a continuación. A pía deste mide 3,60 metros de longo, 2 metros de ancho e 40 centímetros de profundidade. As lousas para lavar están nun dos lados longos da pía. Con posterioridade á…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízanse no lugar de Fenteira e foron construídos en 1949. A fonte ten un só cano e ao lado ten un pousadoiro, unha pedra onde se colocaba a sella chea de auga para logo subila á cabeza. O lavadoiro, ao carón da fonte, mide 2,70 metros de longo e 2,30 metros de ancho. As lousas onde se lavaba están nun dos lados máis longos. Como curiosidade cabe destacar que é o único dos lavadoiros que se conserva no concello no que había que lavar…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízanse no lugar de Grobas e foron construídos no ano 1949. A fonte ten 3 canos e un pousadoiro ao lado para colocar a sella chea de auga, sendo así máis sinxelo subila á cabeza. O lavadoiro está a continuación da fonte. Mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho. As lousas para lavar sitúanse nun dos lados da pía. Como curiosidade cabe destacar que, por onde sae a auga do lavadoiro, hai outra pequena lousa para lavar. Segundo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.

A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

O Miradoiro do Galiñeiro, a 143 metros de altura sobre o nivel do mar, ofrece unha moi boa vista da confluencia dos ríos Sar e Ulla, así como de todo o val deste último, que acabará formando a ría de Arousa. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

O Miradoiro do Piñeiro Manso, a 35 metros de altura sobre o nivel do mar, conta con vistas panorámicas sobre a trama urbana de Pontecesures. Debe o seu nome ao piñeiro manso (Pinus pinea) que desde antigo se eleva neste punto, aínda que o exemplar que a día de hoxe ocupa este espazo non é o orixinal. Este miradoiro está incluído no Catálogo das Paisaxes de Galicia.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Chan da Lagoa posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde As Barreiras posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas

A visión desde a Cima de Lato posibilita unhas vistas panorámicas dos vales fluviais, a ría de Arousa, así coma dos montes da contorna.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Panorámicas