Busca

Amosando 73 - 87 de 87 resultados da busca.

Ponte de cronoloxía medieval situada no antigo Camiño Real de Vilagarcía a Santiago de Compostela, sobre o río Catoira. Posúe dous arcos de medio punto rebaixados, cunhas luces que van dos 2,78 aos 3,77 metros. Trátase dunha ponte con bóvedas de sillería de granito apoiados na rocha do leito, con algunhas marcas de canteiro. O resto está feito con perpiaño e cachotaría, agás a…


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar de Tarrío.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Pequena pontella atravesada polo Camiño do Rego.


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar de Freixeiro.


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Palco da música de planta octogonal e 1 metro de altura e que se levantou en granito no campo da festa da parroquia de Dimo. O palco, ao que se accede a través dunha escalinata fixa de catro chanzos labrada en pedra, aparece protexido no seu perímetro cunha varanda metálica e presenta uns entrepanos ornamentais de sección rectangular en cada un dos seus alzados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar das Rañas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar de Tras da Veiga.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Esta ponte levantouse sobre o río do Batán para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso pola parroquia de Abalo. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como no peitoril e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar.

Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma o peitoril, a…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Pontella levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar do Outeiriño, cun diámetro interior de 2,55 metros, unha altura até a cornixa de 3,55 metros e uns muros cun grosor de 80 centímetros.

Este pombal pertencía aos terreos dos Moure (familia con moitos terreos), aínda que agora é do banco. Sitúase illado…


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Tamén coñecida como a Ponte da Venduda, trátase dunha pontella levantada sobre o río Catoira que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como nas súas cepas centrais e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforman as canles que canalizan o río, así como o seu firme.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Localizado nos antigos terreos do Campo da Feira. Aquí localizábase a caseta expendedora de leite fresco, que viña en bidóns, despois de pasar o control sanitario previo na fábrica de leite condensada Ilepsa-Nestlé. En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Situado na nova estrada construída nos anos 50 que une Santiago e Pontevedra. A primitiva estrada discorría polo centro de Pontecesures. O Túnel do Cantiño é paso obrigado para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Compostela.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil