Busca

Amosando 73 - 96 de 1451 resultados da busca.

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento, vinculado ao conxunto do Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de pedra emprazada nunha encrucillada de camiños, ao pé do Cruceiro de San Miguel de Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Vinculada á Capela dos Martores, trátase dunha fonte feita con pedras de granito e cano metálico.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior, para posteriormente repartila aos prados existentes na contorna. Está pechado polo sur por un muro de cachotería granítica asentada en seco, duns 5 metros de longo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

No leito do río Valga e construída en pedra. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Lavadoiro do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Restos dun muíño de vento derrubado. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátase dos alicerces dun muíño de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes eran de cachotes con rachas, dun…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Vivenda unifamiliar de planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas, que se localiza xusto detrás da igrexa parroquial de Dimo. Construída en cantaría de baixa calidade, que só atopa como excepción a contorna dos ocos e os eixos estruturais do inmoble. A fachada aparece organizada por medio de portas e portasdaire balconadas, cunha forxa excelente, equidistantes propias da arquitectura vilega.

O muro principal do andar superior acolle un brasón…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura civil

Casa señorial á beira do rego do Souto da Vila.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura civil

Edificio de planta rectangular e dous andares que se ergue de forma illada ao carón da estrada. Organizada en rúas, a súa fachada amosa entrepanos pintados en ocre con cantaría visible nos eixos estruturais e na contorna dos ocos de acceso e iluminación, en especial no eixo da composición, onde se dispón un balcón granítico voado. Coroa a edificación un hastial semicircular de pedra que acolle un reloxo e o ano de construción do edificio: 1933. A contrafachada do inmoble…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Restos de tres muíños de vento derrubados. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátanse dos alicerces de tres muíños de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes eran de cachotes con…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil