Busca

Amosando 217 - 227 de 227 resultados da busca.

Pombal no interior da finca da Casa do Laxido, sobre o cruce do camiños de acceso ao núcleo. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta a unha auga enfuscada sobre a estrutura principal e cornixa de borde de lousas de granito. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior, baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Palco de música situado no espazo verde detrás da Ermida de Santa Lucía. Plataforma de planta octogonal de perpiaños de granito con semipilastras nas esquinas e molduras nos lados.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal situado nunha finca particular na marxe leste do rego do Batán, ao sur do Pazo dos Calote. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

A Ponte da Ermida ou a Ponte de Portarreira está situada sobre o río Té, no camiño que vai desde o Cruceiro de San Xoán ao Muíño da Vexa de Abaixo, ao sur do lugar da Ermida. Estrutura de lousas de granito de grandes dimensións apoiadas sobre muros realizados con pezas de…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Pombal situado na finca da Casa Nº 1 de Sestelo que ten un reloxo de sol, á que se accede desde a praza central do lugar de Sestelo. Planta circular de muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados e pintados, e cuberta cónica de tella sobre estrutura de madeira, con pináculo de remate. Estreito asoleirado perimetral de lousas de granito.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Pombal situado no interior da finca da casa reitoral de Santa María de Asados, detrás da igrexa parroquial. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta cónica enfuscada sobre a estrutura principal e tellas sobre a cornixa. Lousa circular de remate con pináculo en forma de bola. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral…


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal situado no interior da finca dunha vivenda no extremo norte do lugar de Isorna. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, enfuscados e pintados na parte superior, sobre o asoleirado perimetral. Cuberta cónica enfuscada sobre a estrutura principal e tellas sobre a cornixa, rematada cun pináculo. Porta alintelada de acceso nun lateral.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Os seus precedentes puideron ser romanos, posto que Cesures era o porto de Iria Flavia (restos de madeira petrificados e ben conservados foron atopados en 1959 na zona do porto). Este suposto pasado romano atópase nos textos do xeógrafo árabe Al-Idrisi (século IX) que fala dunha gran ponte de cinco arcos “tan altos que…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil