Campo da Barca

Campo da Barca - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Padrón Turismo

Antigo meandro do río Sar, onde segundo o mito da Traslatio se atoparía o embarcadoiro cunhas escaleiras, que serían as que daban acceso á pedra onde se tería depositado o corpo do Apóstolo Santiago.

Trataríase dunha gran pedra duns cinco metros de lonxitude e de forma cuadrangular, correspondente cunha estrutura citada nos documentos dos séculos XV e XVI. A pedra podería corresponder con aquela que, segundo a devoción popular daqueles séculos, os discípulos de Santiago deitarían o corpo.

No século XVI, esta pedra sería lanzada ao río  para que non a romperan os peregrinos, xa que se levaban un anaco dela con eles.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa da Chansa

Mámoa do Castelo Redondo

Castelo da Rocha Branca

Casa das Meigas